Saltar ao contido
Campionato Internacional

Jordi Carrasco, subcampión europeo máster de maratón

Formidable resultado o logrado polo atleta galego Jordi Carrasco que tomaba parte esta fin de semana no Campionato de Europa de maratón méster que se lavou a cabo na localidade finlandesa de Jyväskylä.

O atleta morañés do S.D. Compostela Atletismo, lograba o subcampionato de Europa da categoría M50 logo de invertir un rexistro de 2h.36:14 contribuindo de maneira decisiva ca súa actuación, a  que a Selección Española lograra o título continental por equipos. Este gran resultado prodúcese a pouco menos de que lograra o título mundial sobre a mesma distancia en Bucarest, na que ademáis lograba un novo tope galego da súa categoría.

No resto de actuacións galegas, Manuel Sobral do SD Compostela remataba no posto 12º na categoría M40 con 2h.57:07, tendo que abandonar a proba a única representante galega, Natalia García do C.A.Sada na F45.

Resultados

Galería fotográfica

Compartir