Todo a punto no CGTD para un novo curso

O pasado día 12 de agosto publicabase no DOGA a concesión das prazas para os grupos de tecnificación e de rendemento deportivo para o Centro Galego de Tecnificación Deportiva (CGTD) que dentro de moi poucos días dará comezo un novo curso. Como en anos anteriores, o CGTD ofertou 160 prazas para tecnificación (cursos de 3º e 4º da ESO e 1º e 2º de Bacharelato) e rendemento. Na resolución publicada, foron concedidas 165 prazas, ca posibilidade de poder incrementarse ao longo da tempada.
Máis polo miúdo, estas 165 prazas distribúense en 105 de tecnificación, (90 residentes e 15 externos) e 60 en rendemento (12 residentes e 48 externos). No tocante ás prazas concedidas ao noso deporte, estas foron novamente para o sector de lanzamentos, nun total de sete (cinco para tecnificación e dúas para rendemento).
Tecnificación
- Aitana Capeáns (Renova)
- Hugo Casañas (Renova)
- Lara Pereira (Renova)
- Lydia Valdes (Renova)
- Sabela Vázquez (Nova)
Rendemento
- Xiana Lago (Renova)
- Fernando Vallines (Renova)
CGTD
O Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra (único en Galicia) naceu no ano 1987-88 co obxectivo de converterse na instalación de referencia a nivel deportivo na nosa comunidade, en busca da excelencia competitiva, unha excelencia que contempla, por suposto tamén, a formación académica dos deportistas coa finalidade de conseguir a súa formación integral.