Saltar ao contido
Campionato de Galicia

O Courel acolleu con éxito o Campionato Galego de Montaña

O Courel coroou no día de onte aos novos campións galegos e galegas de montaña no campionato levado a cabo no Concello de Folgoso do Courel.

Baixo as modalidades de Trail curto (6,4 km) e Trail longo (15,3 km.) foron tomando parte, a partir das 10.30 horas, os preto de cen participantes inscritos.

No trail curto a primeira das atletas en completar os 6,4 Km foi Lucía Taboada do SD Compostela quen se proclamaba campioa galega Sub16 sendo na categoría masculia Anxo Bello na Sub20, quen facía o propio.

O gañador non daba tregua aos seus rivais sendo o primeiro en coroar o pico do Coto, ao igual que en mulleres era a internacional da Atlética Lucense Sandra González quen domiñaba claramente, malia que sen dereito a metal ao non figurar inscrita no campionato.

No resto de categorías os triunfos quedaron da seguinte maneira:

  • Sub16:  Lucía Taboada (SD Compostela) e Tomas Bautista (At. Porriño)
  • Sub18: Xulia Vidal (SD Compostela) e Diego Ferreira
  • Sub20: Anxo Bello e Julia Salvado (SD Compostela)

Xa no Trail Longo caracterizouse por ser unha proba esixente cun ascenso de 1200 m. potivos.  Tamara García do CD Biosbardo melloraba o terceiro posto do ano pasado logrando xunto a Martín Fontán do At. Porriño, impoñerse nesta edición. O resto do podio foi ocupado pola campioa galega do ano pasado María Martínez do At. Porriño e da independente María Platero así como de Jaime García do At. Narón e Marcos Pascual do CD Boibardo respectivamente. Destacar que a internacional mundialista en campo a través,  Enma Méndez da Atlética Lucense, tampouco inscrita no campionato galego, lograba a primeira posición da xeral na categoría feminina.

No resto de  categorías, os títulos galegos correponderon a:

  • Absoluta: Tamara García (C.D Biosbardo) e Martín Fontán (At.Porriño)
  • Máster35. Rosa MªAraujo (Burgas Ou.) e Martín Fontán (At.Porriño)
  • Máster40. María Platero (Indp.) e Marcos N. Pascual (C.D Biosbardo)
  • Máster45. Susana Fernández (Asesou) e Federico Losada (C.D Biosbardo)
  • Máster50. Mª Pilar González (At. Arenteiro) e Roberto Salvado (S.D Comspotela)
  • Máster55. Raquel Estévez (Pinarium) e Emilio Montilla (C.D Biosbardo)
  • Máster60. María J.Lamas (Indpd.)

Resultados

Compartir