Saltar ao contido
Campionato de Galicia

O Trail Running galego cítase na Serra do Courel

Logo dun verán calamitoso para os nosos montes polos lumes producidos, novamente as contornas e paraxes naturais da nosa comunidade recuperan pouco a pouco a súa normalidade e os seus cometidos.

En concreto e como estaba previsto, o Geoparque da UNESCO Montañas do Courel, será esta fin de semana escenario da celebración do XVII Campionato Xunta de Galicia de TR de carreiras de montaña, cita á que acuden a tomar parte preto dun cento de atletas.

Percorrido

Haberá dous trazos, con inicio e remate diante do Concello  de Folgoso do Courel con 6,42 kilómetros e desnivel de 465 metros positivos no trazo curto para as categorías sub16, sub18 e sub20 e de  15,3 kilómetros e desnivel de 1.235 metros positivos no longo para las categorías sub23, absoluto e masters.

Favoritas e favoritos

Entre a relación de incritos, o subcampión mundial máster en Canfranc do pasado ano, Federico Losada do CD Biosbardo posicionase claramente de cara ao título na categoría masculina ante a ausencia do campión galego 2024 Alejo Ares e a do subcampión Hugo García, recuperandose dun accidente. O internacional podería estar acompañado no podio taanto por David Álvarez do At. Porriño como por Martín Barreiro do Atletimo Narón quenes destacaban na pasada edición de Esgos.

No tocante á categoría feminina, todas as miradas estarán postas na actual campioa galega María Martínez do At. Porriño quen defenderá o seu título diante precisamente  de Rosa María Araujo do Burgas Ourense e de Tamara García do C.D. Biosbrado, prata e bronce na pasada edición.

Rosa Figueroa do Atletismo Corredoira, Martín Barreiro do At. Narón xunto a Marcos Antonio Pascual do C.D. Biosbardo, serán outros dos atletas que a priori, poderían estar nos postos de cabeza da proba.

 

Compartir