Saltar ao contido
Campionato de Galicia

Adiado o Campionato Xunta de Galicia de subida vertical

Por mor dos lumes que están a azoutar o sur de Galicia, o  Campionato de Galicia de Subida vertical e Subida Vertical “O Sacauntos” 2025, previsto para o 7 de setembro en Vilamartín de Valdeorras, queda adiado xa que practicamente a totalidade do percorrido foi asolado polo lume.
Desde a FGA consideramos prioritario estar da man da poboación para axudar nas labouras de extinción así como das distintas tarefas de axuda ós afectados. De igual xeito, amosamos a nosa desolación pola gran perda de biodiversidade que os feitos recentes están a producir no noso territorio, expresando todo o noso apoio á poboación afectada
A actividade na natureza como o trailrunning, contribúe a manter camiños, recuperalos e contribuir a manter os nosos montes limpos, tanto de maleza como de residuos, xenerando un impacto positivo no noso ecosistema, ó tempo que pon en valor a poboación e vida do medio rural, montes e montañas.

Campionato Xunta de Galicia de Carreiras de Montaña – TR en Folgoso do Courel

O 31 de agosto desputarase segundo o previsto, o Campionato Xunta de Galicia de Carreiras de Montaña – Trailrunning en Folgoso do Courel, sendo unha gran oportunidade de amosar o noso apoio a toda a riqueza que os montes e as nosas montañas nos aportan.

 

Compartir