Saltar ao contido
Campionato de España

Marcha e ruta farán parada por Ames e O Barco

A tempada de aire libre continúa avanzando neste último cadrimestre do ano co desenvolvendo de importantes citas entre as que sobresale a celebración do Campionato do mundo de Tokio para os  días do 13 ao 20 de setembro, onde o atletismo galego estará representado.

Ademáis da cita mundialista, os campionatos de España nas súas distintas modalidades serán outros dos puntos de interese.

O Barco e Ames celebran campionatos de España

No que a sedes galegas se refire, os Concellos de O Barco e Ames recibirán a celebración de dúas importante probas de ruta. Para comezar, será a parroquia de Bertamiráns quen organice o 19 de outubro o Campionato de España de 5K na que se agarda varios centos de participantes achegados de todos os recunchos do Estado. De igual modo, O Barco recibirá a fin de semana do 13 e 14 de decembro as importantes probas de ruta e marcha correspondentes ao Campionato de España de marcha de inverno de promoción así como o Campionato de España de 10K para a categoría máster.

Un último cadrimestre con importantes citas pendentes

Ademáis do campionato mundial a mediados de setembro, na que o noso atletismo estará representado, serán os atletas máster quenes máis campionatos disputen.  A nivel internacional, Madeira agarda nos días 8 ao 19 de outubro o desembarco dun importante número de atletas do continente que tomarán parte no Campionato de Europa máster de aire libre. Previamente, a localidade finlandesa de Jyvaskyla celebrará o Campionato  de Europa de Maraton o día 6 de agosto

A nivel estatal, e seguindo cos máster, Alcobendas organizará o 13 e 14 de setembro os Campionatos de España de combinadas, de pentatlon de lanzamentose, de 10.000 e milla sendo o 26 de outubro cando Santa Cruz de Tenerife celebre o IV Campionato de remudas mixto

Trail Running, gran fondo, cros e indoor

Os amantes do Tral Running están de noraboa xa que poderán disfrutar os días 25 ao 28 de setembro  na localidade pirenaica de Canfranc, a celebración do Campionato do Mundo de TR. Moi preto de alí,  e no país veciño de Francia, levarase a cabo o Campionato do mundo de 24 horas en pista que xuntará aos amantes desta modalidade a fin de semana do 18 e 19 de outubro

En Burgos, Atapuerca abrirá as grandes citas do campo a través o día 23 de novembro co Campionato de España de clubs de cros que será a antesala do Campionato de Europa que discurrirá na localidade portuguesa de Lagoa o 13 e 14 de decembro.

A nivel de pista, a primeira fin de semana de outubro, arrincará co Campionato de España de Seleccións Sub16 en La Nucía na que a nosa seleccion galega estará novamente presente intentando mellorar a quinta posición do pasado ano en Tudela. Precisamente a nivel de clubs, esta mesma categoría celebrará o seu campionato o día 11 de outubro nunha sede ainda por designar, para que Nerja, unha semana despois, dispute o Sub14 tamen na modalidade de clubs.

Calendario 

Compartir