Saltar ao contido
Campionato Internacional

Toma forma unha ilusionante e nova xeración de atletas galeg@s

Os distintos resultados producidos nos campionatos de España, e sobre todo a presenza de atletas galegos Sub18 e Sub20 nas distintas convocatorias internacionais, están a poñer de manifesto a irrupción dunha nova e importante xeración de atletas galegas e galegos que están chamados a marcar unha esperanzadora época no noso atletismo.

Un total de 11 atletas de categorías inferiores foron chamados este 2025 a tomar parte en encontros internacionais de aire libre, cuxo balance foi a consecución de sete medallas, dous postos de finalistas e un novo récord galego Sub18.

Encontro Sub18 España-Portugal

Un dos velocistas emerxentes galegos, Aaron Pérez, debutaba nunha proba internacional o pasado día 06 de xuño en Salamanca. En concreto formou parte do equipo de remudas 4×100 Sub18 con España que tomaban parte nesta cita, e que lograba impoñerse ao cadro luso cun rexistro de 41.81.

Festival Olímpico da Xuventude  

A esta importante cita, antesala dos Campionatos de Europa, acudían Hugo Casañas, Debrís Paniagua e Alex Sierpes os pasados días do 19 ao 27 de xullo en Skopje (Macedonia do Norte)

Os tres atletas eran seleccionados para debutar nunha competición internacional logo de liderar o ranking e de proclamarse campións de España nas súas distintas modalidades, no que representaba un importante test para medirse co resto de atletas continetais.

A proba dos obstáculos contou ca galega Debris Paniagua, unha das atletas de futuro desta modalidade. A esta cita acudía con moitas gañas e cunha marca de 6:37.56. Na cidade de Skopje tomaba parte o 25 de xullo na proba dos 2.000 obstáculos na que remataba no terceiro posto e co segundo mellor rexistro persoal de  6:39.14

Alex Sierpes, quen viña de facer unha tempada invernal descomunal, competía na proba dos 1.500 m. na que tiña acreditado un rexistro de 3:45.40 que o convertían en líder por ranking RFEA.  En Skopje, confirmando a súa calidade,  lograba a segunda posición cun crono de 3:49.53

Outro dos debutantes, o campión e plusmarquista de España Hugo Casañas, participaba nos concursos de disco e peso. No primeiro deles lanzaba ata os 57.45 m.,  algo alonxados dos seus 64.51 deste ano, que lle daban a 5ª posición . No peso, lanzaba algo mellor, ata os 19.33 m.  que o deixaban tan só a un centímetro do triunfo na segunda e meritoria posición.

Campionato Iberoamericano Sub18.

Nada menos que ata a localidade Peruana de Luque foron chamados a participar catro atletas galegos na segunda edición dos Campionatos Iberoamericanos que aconteceron en Luque (Perú) os días 19 e 20 de xuño

Non poideron debutar de mellor maneira tanto Icia Ares como Demeku Paniagua na marcha e nos obstáculos respectivamente. A marchadora e campioa de España, proclámabase gañadora da proba logo de invertir un rexistro de 23:27.46 que ademáis supuxeron unha MMP nun fantástico balance de tempada para ela. Pola súa banda a de O Pino, competía moi ben, igualando practicamente a súa MMP e impoñéndose de igual modo, cun crono de 6:45.93.

Sabela Castelo, logo da sua exhibición no campionato de España que gañaba con récord do campionato en 9:35.11, era seleccionada na proba dos 3000 m. sobre a que competiría para rematar na segunda posición cun crono oficial de 9:40.04. Os lanzamentos tiveron no medallista de bronce nos campionatos de España Alex César ao seu representante. O lanzador do Mazí, que viña cun rexistro de 66.49 m., lanzaba en Perú ata os 62.21 m. que o deixaban na sexta posición do campionato internacional.

Campionato de Europa Sub20

Outra das grandes citas para as categorías base neste 2025 de aire libre, foi a celebración do Campionato de Europa Sub20 nos días do 7 ao 10 de agosto na localidade finlandesa de Tampere.

Ata alí acudiron un total de tres das nosas representantes, e na que a boa nova foi sen dúbida, a actuación de Aldara Meilán na proba dos 5.000 marcha. A lucense, recén saida dunha lesión que non a permitiu adestrar ao cento por cento este ano, lograba ainda así, a medalla de bronce do campionato de Europa cun rexistro de 44:15.89 que ademáis representan un novo récord galego.

Nos concursos, presenza das lanzadoras Aixa Coirbacho en martelo e Lara Iglesias en xavelina. Nas clasificatorias ambas lograban o pase a final do campionato con 48.54 (q) e 58.99 m. (q) respectivamente. Xa na final, o día non acompañaba a ambas, rematando a de Barbzanza na novena posición con 46.98 m. e 55.23 m. para Corbacho que a situaban na 12ª posición no circulo de martelo.

Foto, RFEA

Compartir