Top-10 para as nosas e nosos atletas

Ca celebración do pasado campionato de España absoluto de Tarragona, ponse practicamente o peche a tempada de verán -agás para algunhas citas internacionias- para boa parte dos nosos atletas que buscan neste mes de agosto, o descanso preciso para recuperar folgos e recuperar enerxías.
Tamén é momento de facer balance e de planificar unha nova tempada que virá cargada de citas importantes tanto a nivel galego como a nivel estatal e mesmo internacional.
25 atletas galegos en postos Top-10 de Ranking RFEA
Ata nun total de vintecinco ocasións, figura o nome de atletas galegos e galegas no listado do ranking RFEA 2025 entre os postos top10 do mesmo para as modalidades de saltos, lanzamentos, obstáculos, marcha, valos, medio fondo e fondo.
Entre a relación figuran liderando o ránking de España os olímpicos, e recén campións de España en Tarragona, Belén Toimil en peso e Adrián Ben nos 1.500 m. que están acompañados nese liderato polas tamén olímpicas Yulenmis Aguilar en xavelina e Ana Peleteiro en triplo, ambas ausentes por diversos motivos na cita de tarraconense.
Ester Navarrete ocupa o segundo posto da proba dos 10.000 m. grazas a súa gran actuación na localidade francesa de Pace durante o transcurso da Copa de Europa dos 10.000 m. do pasado mes de maio. Pola súa banda, Dani e Antía Chamosa copan literalmente a modalidade de marcha nas distancias dos 10.000 m., 20K, e 35K logrando instalarse, nun gran ano para ambos, entre os tres primeiros postos do ranking, situación que comparten novamente con Adrián Ben, malia que nesta ocasión, sobre os 800 m.
As novas xeracións de atletas galegos e galegas siguen progresando e medrando de maneira moi importante. Valores emerxentes que xa comezan a destacar como Blanca Pereira e Aixa Corbacho en martelo, Manuela Blanco en pértega, Aldara Meilán en marcha ou Lara Iglesias en xavelina conviven ca veteranía e calidade de Carlos Revuelta ou de Saleta Fernández, quen xa retirada das pistas, ainda tivo tempo a saltar ata os 1.77 m. este pasado inverno.
Nos valos, a plusmarquista galega absoluta Lía Caride nos 400 valos, quen lograba posto de finalista no campionato de España, entra xunto ao tamén recórdman galego Hugo Vázquez nos 110 v. nos postos top10 do ranking de España.
Outra das probas importantes para o noso deporte, a maratón, ten nos olímpicos en París-24 Tariku Novales e novamente a Ester Navarrete aos nosos referentes grazas as súas actuacións tanto en Praga como en Lobiana na que a viguesa contribuía a colleitar para España, o Campionato de Europa de ruta o pasado 13 de abril.
Grata e formidable sorpresa a irrupción de Pedro Osorio nos 800 m. quen este ano lograba correr en 1:45 por tres ocasións con 1:45.48 como MMP. Na lonxitude Sergio Coello continúa mellorando rexistros personais ano tras ano desde que no 2021 lograba superar a barreira dos sete metros. Na actualidade os 7.76 m. do pasado febreiro en Ourense permitenlle estar no top ten.
Mencións especiais
Compre tamén indicar a importancia dos rexistros efectuados por atletas quen sin ter a nacioanalidade, si teñen o seu enderezo e a súa ficha por Galicia o que lles permite competir en campionatos galegos e mesmo defender a camiseta da nosa Selección. Tal é o caso da plusmarquista francesa e campioa de Europa nos 3.000 obstáculos Alice Finot, a da atleta colombiana Yiset Jiménez no concurso de xavelina ou a do ecuatoriano Juán José Caicedo en disco, ambos ca mellor marca do ano nas súas respectivas modalidades. Xunto aos mesmos Gerson Vidal Izaguirre logra o cuarto posto en combinadas e estar entre os dez primeiros nos 110 valos así como Edymar Brea quen se atopa nos postos importanntes no ranking dos 10.000.
Foto RFEA