O atletismo galego volta con catro metais de Tarragona

Un total de catro medallas (dous ouros, unha prata e un bronce) así como once postos de finalistas, foi o balance do atletas galegos que tomaron parte durante esta fin de semana no Campionato de España de Atletismo absoluto que se levou a cabo na localidade catalana de Tarragona.
A marcha, un dos motores do atletismo galego
A marcha continúa representando un dos sectores máis importantes para o noso deporte.
Novamente a calidade que amosan Antía e Dani Chamosa manifestouse sobre o sintético do Natalia Rodriíuez na que ambos lograban as medallas de prata e bronce respectivamente. Dani Chamosa lograba o primeiro metal para o atletismo galego logo de plantexar moi ben unha proba que sería gañada por un intratable Paul Mcgrath. o plusmarquista galego remataba no terceiro posto cun crono de 39:38.75 nunha proba que deixaba moi boas sensacións.
Antía Chamosa pola súa banda, nun estado de forma fantástico, lograba un excelente crono de 43:29.19 sobre aproba dos 10.000 marcha o que supón unha mellora de practicamente ¡¡50 segundos!! sobre o anterior rexistro que ela mesma tiña desde o ano pasado. Ademáis, tan só cedía ante nada menos que a dobre medallista olímpica María Pérez que de igual modo lograba un magnífico crono de 42:24.68 que representan récord do campionato.
Os olímpicos Belén Toimil e Adri Ben, confirman a súa autoridade
O campión de Europoa nos 1.500 m. Adri Ben, estreaba o seu casilleiro de títulos de España na proba raiña do medio fondo, os 1.500 m. O de Viveiro nunha carreira de poder, lograba o título cun rexistro de 3:41.25 que representa unha importante dose de moral para unha amarrada praza para Tokio.
O círculo de peso e como era de agradar, conta cunha indiscutible lider: Belén Toimil. A olímpica mugardesa sumaba o sexto campionato absoluto con autoridade cun último mellor lanzamento de 17.05 m. (16.22/16.92/16.47/16.99/X/17.05) que a sitúan ao fronte de meneira indiscutible desta modalidade.
O último dos metáis correspondeu ao equipo de remudas dos 4×400 m. da Sociedad Gimnástica e na que o cuarteto formado polos galegos Pedro Osorio e Xabi Lires compartía honras xunto ao madrileño Dario Ortega e o catalán Oriol Madi, logrando a medalla de bronce nun disputado final cun crono de 3:07.87
Mención especial para o lanzador ecuatoriano con ficha por Galicia -e integrante da Selección galega no seu último compromiso-, Juan José Caicedo, que lograba o terceiro posto no concurso de disco (sen dereito a medalla) cun mellor lanzamento de58.76 m.
No resto de actuacións compre salientar as posicións de finalistas logradas por:
Lara Iglesias do At. Barbanza, 5º en xavelina con 48.79 m.; Sergio Coello da Gimnástica e Olaia Guisela Becerril do Super Amara, sextos en lonxitude con 7.84 (MMT) e 6.30 m; Carlos Revuelta da Gimnástica, 6º en martelo con 60.97 m.; Lía Caride da Gimnástica, 6ª nos 400 valos con 59.62; Iria Solera e Manuela Blanco do Ourense At, sétimas en altura con 1.69 m. e pértega con 3.90 m.; Aixa Corbacho, 7ª en martelo con 58.47 m.; David de la Fuente do Pinarium, 8º en 5.000 m. con 13:50.25; José Palomanes da Gimnástica e Uxía Paz do At. Alcorcón oitavos en triplo con 15.26 m. e 12.36 m.
Foto, RFEA