Os Sub20 voltan cun excelente balance de Badaxoz

As categorías base do atletismo galego continúan dando mostras das súa gran calidade ao longo dos distintos campionatos que se están a levar cabo.
Desta ocasión, eran os atletas das categorías Sub20 quenes acudían a toma parte o pasado fin de semana a unha nova edición do Campionato de España de aire libre que se celebraba na localidade pacense de Villafranca de los Barros.
Durante as dúas xornadas do campionato o balance para os atletas galegos e galegas foi de seis medallas ( dous ouros, tres pratas e un bronce), catro récords galegos, e un total de catorce postos de finalistas.
Novamente os lanzamentos pasan por ser unhas das puntas de lanza do noso deporte que nos deixaban nesta edición, dous metais. A internacional Aixa Corbacho, lograba como xa fixera no de inverno Sub18, o título de campioa de España logo dun gran campionato que domiñaba con gran autoridade grazas aos 60.82 m. do seu terceiro lanzamento que ademáis supoñen un novo récord galego e que a bo seguro darán moita moral para o Europeo de Tampere.
Sen abandoar os lanzamentos, Lara Iglesias nun emocionantísimo concurso, quedaba a tan só un centímetro do título de campioa de España con 50.08 m. que supoñen por outra parte, unha MMP para a de Barbanza e que poñen de manifesto a súa gran progresión.
Nos saltos, a gran favorita, Manuela Blanco do Ourense Atletismo, cumplía os prognósticos sumando con autoridade un novo título sobre o listón de pértega que lograba franquear en 3.75 m. Con este título, a pértega galega sube un pasiño máis e mira con ilusión ao futuro do sector.
Con sabor a ouro, foi o metal de prata logrado por Aldara Meilán da Atlética Lucense, quen despois dun ano moi irregular marcado polas lesións, volvía novamente a un podio de todo un campionato de España logrando ademáis un novo récord galego con 21:50.28 que poñen de manifesto a calidade da marchadora internacional.
Se houbo algun sector revelación para os intereses galegos neste campionato, este foi sen dúbidas o das remudas. Nos 4×100 metros femininos o equipo do Celta Atletismo integrado por Candela Hermida, Daniela Castro, Marta Caamaño e Valeria González, voaba sobre o sintético de Villafranca para rematar nuns formidables 47.88 que ademáis de supoñer nada menos que o subcampinato de España da modalidade, representan un novo récord galego. Sen abandoar a distancia, non menos destacado foi o equipo masculino do Riazor Coruña, cuxo equipo integrado por Antón Cillero, Unai Loureiro, Diego Real e Iago López, daban a Galicia a última medalla de bronce e récord galego destes campionatos ao rematar en 42.31.
As portas dos metáis quedaban Xaido Nimo do Celta Atletismo en martelo con 61.81 (MMP) e Estela Díaz do Lucus Caixa Rural nos 1.500 m. con 4:42.59 (MMP) así como Pilar Rojo do Riazor Coruña sobre a proba dos 3.000 obstáculos que remataba en 11:21.30. Gran campionato para os tres, que estiveron en todo momento na loita diracta polos metáis.
Foron de igual modo destacaos os postos dos tamén finalistas, Leo Rodríguez nos 400 valos con 54.18; Diego Martínez en decatlón con 6.248 puntos; Marta Caamaño nos 200 m. con 25.05; Mauro Vázquez nos 100 m. con 10.65; Pablo García nos 100 valos con 14.21; Unai Loureiro en triplo con 14.51 m. e na lonxitude con 7.06 m.; Gonzalo Cuns no triplo con 14.43 m.; Alejandro Rey en xavelina con 56.11 m. (MMP); Alexandra Lence do Celta Atletismo en pértega con 3.30 m; Eloy Acuña en disco con 40.06 m e Gema Dacosta do Vila de Cangas en peso con 11.06 m.
Foto, RFEA