Saltar ao contido
Campionato de España

Leiro e de Arriba destacan no estatal de milla en ruta máster

Un total de cinco atletas galegos participaron esta pasada fin de semana no Campionato de España de milla en ruta máster que se levou a cabo na localdade cántabra de Polanco.

A nivel de resultados, na categoría M50, os galegos Xabier Díaz do Lucus Caixa Rural  e Daniel Bargiela do Bikila lograban sendos postos de finalistas ao entrar en meta no sexto e oitavo posto respectivamente.

Dúas excelentes medallas

O máis salientable foron as dúas medallas logradas na categoría feminina.  Soledad Leiro do SD Compostela cun tempo de 5:36 colleitaba o metal de prata na cateoría F50 estabrecendo un novo récord galego da modalidade, á que se lle sumaba a tamén medalla de bronce que lograba Begoña de Arriba do Egovarros de Viveiro na categoría F65 cun tempo de 8:29.

(Foto Concello de Polanco)

Compartir