Saltar ao contido
Campionato de España

Os Sub20 buscan premio en Badaxoz

Medio cento de atletas galegos e galegas tomarán parte no Campionato de España Sub20 que se levará a cabo na localidade pacense de Villafranca de los Barros os próximos días 26 e 27 de xullo.

Opcións de medallas e postos de finalistas

Entre a relación de inscritos e inscritas estarán tomando parte o finalista do pasado campionato de España indoor nos 60 m.  Mauro Vázquez do Vila de Cangas, quen sairá na proba dos 100 m. sobre a que acredita un crono de 10.64.

Nos 800 m. contaremos ca presenza da campioa de España Sub18 Celia Castro quen no seu primeiro ano na categoría, intentará repetir o posto de finalista indoor deste inverno.

Nos 1.500 m. Leyla Villar do Ourense At. parte ca cuarta mellor marca das participantes sendo na categoría masculina Iker Fernández de A Gándara, quen loite xunto a Pablo Ulla por facerse cun posto de finalista nunha proba bastante “cara”.

Nos valos curtos contaremos ca actuación do campión galego e finalista indoor en Salamanca Pablo García do ADAS CUPA así como o do tamén campión galego Leo Rodríguez do Celta nos valos longos que estarán pelexando por mellorar as súas MMP de 14.43 e de 53.79 respectivamente.

Atención nos obstáculos a Pilar Rojo do Riazor Coruña que partirá ca cuarta mellor marca das participantes posicionándose para os postos importantes da proba..

 

Nos fosos, presenza en triplo do internacional Gonzalo Cuns do At. Negreira e do medallista absoluto galego Unai Loureiro do Riazor Coruña quen participará en triplo e lonxitude. En altura Martina Gutiérrez do Riazor Coruña intentará mellorar o décimo posto logrado no pasado campionato de España indoor.

A opción máis clara de medalla está sobre o listón de pértega na que unha excelente Manuela Blanco do Ourense Atletismo acude ca mellor marca das participantes con 3.95 m. Sobre o mesmo listón Alexandra Lence do Celta At. pelexará por mellorar o quinto posto de Salamanca.

Nos lanzamentos estará concursando a campioa de España de Lanzamentos longos Lara Iglesias do Barbanza quen acude ca segunda marca das participantes en xavelina e con claras aspiracións a podio. En homes e sobre a mesma modalidade, o tamén atlata do Barbanza Enzo López  terá unha excelente oportunidade de mellorar os seus 61.18 m. No resto de concursos, Eloy Acuña da Gimnástica en disco e Xaido Nimo do Celta At. en martelo loitarán por fecerse cun dos postos da final.

A internacional e campioa de España de inverno Sub18 Aixa Corbacho en martelo, figura nas quinielas a podio grazas ao seu rexistro este ano de 59.55 m. Xa no concurso de peso, Gema Dacosta do Vila de Cangas estará na procura de rachar a barreira dos 12 metros do que lle separan tan só tres centímetros

Por último, na marcha a internacional lucense Aldara Meilán, con algúns problemas físicos desde este inverno,  buscará un novo metal que engadir aou seu palmarés. Nos homes, o  plusmarquista galego e bronce de España en ruta Nicolás Collazo do Ames At. Savante,  será outro dos atletas importantes que estarán presentes Badaxoz.

 

Compartir