Saltar ao contido
Selección Galega

Un ano máis a Selección remata en postos TOP

Ciudad Real era a cidade escollida este ano para disputar o Campionato de España de Federacións autonómicas a onde a nosa Selección galega acudía cun equipo competitivo na procura dos postos importantes da clasificación.

Nun encontro domiñado pola Selección Catalana, a irmandiña lograba o sexto posto da clasificación xeral na que por diante dela situáronse seleccións tan potentes como a madrileña, valenciana, andaluza e a castelá-leonesa.

No tocante aos resultados compre salientar o gran nivel amosado por todos e cada un dos compoñentes da selección, quenes en líneas xerais, estiveron competindo por riba das súas marcas o que pon de manifesto a gran motivación e compromiso amosado.

En canto aos postos importantes nas distintas probas, compre salientar aos irmáns Antía e Daniel Chamosa que sumaban sendos triunfos na proba de marcha e que daban a Galicia un total de 32 puntos.

A “capi” da selección Belén Toimil era outra das que aportaba un primeiro posto no concurso de peso e un décimo no de disco.

Nun treito da competición na que a selección chegaba a ir de terceira, David de la Fuente sumaba unha gran victoria sobre os 3.000 m. ao igual que Yiset Giménez quen facía o propio no concurso de xavelina

Pedro Osorio nun excelente estado de forma, asinaba un segundo posto sobre a proba dos 800 m. ao igual que facían o propio Hugo Vázquez nos 110 valos e Juan Caicedo en disco.

Carlos Revuelta aportaba veteranía e puntos co seu terceiro posto en martelo ao que se lle sumaba de igual modo os excelentes postos de Xabi Lires e Lía Caride nos 400 valos, Sergio Coello na lonxitude, Diego Miguez en triplo, así como as aurensáns Manuela Blanco en pértega e Blanca Pereira en martelo.

Recoñecemento ós capitáns

Durante a xuntanza técnica de equipo, o Presidente Ivan Sanmartín, quíxo recoñecer e por en valor o compromiso e actitude de todos os integrantes, pero de maneira en especial,  a dos dous capitáns da Selección Belén Toimil e Mauro Triana  quenes cun total de trece e doce convocatorias respectivamente, pasan por ser quenes máis veces vestiron e defenderon a camiseta da selección.

Compartir