Once medallas nun gran campionato de España Sub16

Once medallas, sete postos de finalistas e dous récords galegos, foi o exitoso balance dos atletas galegos e galegas que durante este pasado fin de semana estiveron tomando parte no Campionato de España Sub16 que se disputou nas pistas de Las Mestas en Gijón.
Unha nova xeración de atletas, deixase sentir con forza
Os títulos viñeron da man de Xoel Franco quen continúa este ano imparable. O de Beade suma un novo título, desta vez o de campión de España na proba dos 1.000 m. cun tempo oficial de 2:31.26 e que o converten nun dos grandes proxectos de futuro do noso atletismo.
Hugo Zuluaga do Atletismo sada, lograba de igual modo un gran título na proba dos 600 m. no que invertiría un crono de 1:22.60 que supón ademáis unha MMP. Excelente ano para este medio fondista cuxa progresión é notoria.
O terceiro dos titulos de España colleitados viña da man de Bruno Castro Pereira do Coruña Comarca, quen volvía a amosar a súa gran calidade no concurso de triplo. O plusmarquiosta gelago, lograba de maneira clara o campionato quedando ademáis a un centímetro da súa MMP de 14.00 metros.
Gabriela Bouzada sumaba o cuarto dos títulos para os nosos representantes no concurso de xavelina. A atleta do Celta Atletismo efectuaba unha extraordinaria exhibición logrando un mellor lanzamento de 46.32 m. que supoñen ademáis un récord do campionato.
Continuando cos lanzamentos, Sara Caamaño do At. Barbanza, proclamábase subcampioa de España no concurso de peso cun mellor intento no seu quinto lanzamento de 12.68 m. Mesmo medalla para o lucense Enrique García da Atlética Lucense que nunha gran carreira lograba o subcampionato dos 3.000 m. cun rexistro de 8:44.36 que supón unha MMP.
Mauro Seguín do Marineda Atlético protagonizaba o primeiro dos récords galegos na proba dos 300 valos ao invertir un crono de 39.41 que ademáis daban ao coruñés un extraordinario subcampinato de España que constatan o gran momento dos valos no atletismo galego. Mateo Refojo do Rías Baixas pola súa banda, era outro dos atletas que sumaba un metal de prata na proba dos 100 m. cun rexistro de 11.11. confirmándose como un dos velocistas galegos de futuro.
As probas combinadas deixaban dúas excelentes medallas da man dos atletas do celta Atletismo Olivia Gutiérrez e Joel Santana. A primeira lograba o subcampionato de España cunha puntuación de 3.926 puntos que representan un excelente rexistro que queda moi pretiño do RG. Ademáis esa marca representa a once mellor marca de España de todos os tempos.
Joel Santana pola súa banda, logra o bronce logo de sumar unha puntuación de 5.081 que representan o segundo dos récords galegos batidos e a novena mellor marca de España de sempre.
Por último na marcha, Mateo Valcarce do ADAS CUPA, lograba subir ata o terceiro caixón do podio na proba dos 5.000 marcha na que invertía un crono de 13:11.84 que supón para o valdeorrense, unha MMP.
Ademais delo foron tamen salientables os postos de finalistas logrado por Ismael Rodríguez nos 1000 m., Adrián Cabaleiro en xavelina; Beltrán Rivas e Pelayo Freire en combinadas; Irene Méndez e Sara Faraldo en altura e o equipo masculino de remudas 4×100 do Coruña Comarca.