Saltar ao contido
Selección Galega

Unha selección de valores, compromiso e integración

A nosa Selección Galega de atletismo parte hoxe a Ciudad Real, onde tomará parte no Campionato de España de Federacións co obxectivo un ano máis, de estar pelexando polos postos importantes do Campionato.

Para elo, os mellores están chamados e chamadas a competir neste encontro que representa un fantástico e atractivo termómetro onde medir o nivel que cada unha das federacións participantes.

Non é tarefa sinxela artellar un combinado integrada por máis de corenta atletas. Lesións de última hora, compromisos previos adquiridos, impedimentos laborais … fan que en moitos casos, as distintas convocatorias representen un auténtico quebradeiro de cabeza para o equipo técnico encargado da súa composición.

Gran atractivo

Representar á Galicia ou a calquer comunidade no máis importante encontro anual a nivel de Seleccións, constitúe para todos os atletas, un dos maiores atractivos e estímulos deportivos posibles na que os factores de identidade autonómicos, engaden un importante plus ao xa de por si emocioante aspecto deportivo. Todos e todas estarán sen ningunha dúbida, na pelexa ata o último centímetro e último metro por lograr a maior suma de puntos posibles na procura dun bo posto na clasificación xeral.

Mistura de experiencia e debut

Un dos aspectos enriquecedores desta selección, é a mestura de varias xeracións de atletas que aportan  por unha banda futuro e por outra experiencia e coñecementos.

Entre os seleccionados, dazaseis acuden por vez primeira a participar ca Irmandiña convivindo a máis nova de todas, Iria Solera (2008) co máis veterano Sergio Roríguez  (1990). Sabela Martínez (2008), Pepe Sánchez del Valle (2006) e Manuela Blanco (2006) como parte da nova xeración, compartirán espazo e aprenderán entre outros tanto de Carlos Revuelta (1991) como de Mauro Triana (1995) quenes ademáis de calidade, aportarán toda a súa gran experiencia.

Comprimiso 100%

Nesta convocatoria destácase a presenza de catro atletas que entran no top5  de participacións ca Selección (sen contabilizar o ano da COVID 2020) entre quenes destaca a capitana Belén Toimil. A lanzadora olímpica e plumarquista de España, fiel a súa cita e compromiso, estará presente no que serán os seus trece torneos de Seleccións.  Xunto ela, o internacional Mauro Triana sumará o seu torneo número doce, Carlos Porto  o sétimo, Dani Chamosa o sexto e mención especial para Sergio Rodríguez quen suma a súa quinta participación nada menos que quince anos despois da primeira convocatoria que se celebraba en Vigo e na que tomou parte nas remudas dos 4×100.

Una selección integradora e aberta

Son moitos os exemplos de atletas que chegados doutros países, contaron cunha cálida acollida nos nosos campionatos e na nosa Selección. Dende o século pasado non foron poucos os que aportaron con xenerosidade, a súa contribución á Selección Galega, chegando a ficar e a instalarse nalgúns casos  aquí. Tal vez os exemplos máis coñecidos poidan ser os de Frank Casañas ou Yulenmis Aguilar, pero tamén no pasado houbo xente que marcou un periodo como a inglesa Anne Middle e máis recentemente as irmáns Joselyn e Edymar Brea, Edu N-kami,  Yioser Toledo, Patrick Chinedu, Alice Finot, Gerson Vidal Izaguirre ou a tristemente finada Felicea Moldován. 

Para este ano estarán con nós os xavelinistas José Orlando Escobar natural de Ecuador e Yiset Mágali Jimenez de Colombia, que sumarán esforzos xunto ao tamén lanzador de disco natural de Ecuador, Juan Jose Caicedo quen tomará parte por segunda vez nunha convocatoria logo da do ano 2022.

Hacia eles e hacia todos os que formades e formastes parte deste marabilloso conxunto, a nosa sempre gratitude.

 

Compartir