Reunión de Iván Sanmartín co Decano da Facultade de Ciencias do Deporte E.F. da UDC

No día de hoxe o Presidente da FGA Iván Sanmartín reuníase co Decano da Facultade de Ciencias do Deporte e da Educación Física da UDC en Oleiros Joaquín Gómez Varela, ca Vicedecana de Orientación ao Estudantado, Prácticas Externas e Infraestructuras, María Belén Toja e co Coordinador de Plans, Programas e Relacións ca Sociedade Isidoro Hornillos
Nunha xuntanza moi fructífera e distendida, estivéronse mantendo conversas sobre o convenio de colaboración para o emprego das instalacións deportivas, do cal nútrense varios núcleos atléticos e clubs, así como numerosos atletas federados e federadas.
Ao longo da xuntanza, evidenciouse a disposición por ambas partes de continuar traballando e mantendo o excelente clima de diálogo e colaboración do cal se poidan benefiar ambas entidades.