Saltar ao contido
Campionato de España

Moitas opcións de podio para os Sub16 en Gijón

Un total de 42 atletas acuden esta fin de semana do 12 e 13 de xullo ás pistas de Las Mestas en Gijón, a tomar parte no Campinato de España Sub16 xunto a ouros 643 atletas achegados de todo o Estado en representación de 269 clubs.

Entre a relación de participantes estará entre outros, Xoel Franco quen parte como claro favorito na proba dos 1.000 m. O de Beade lograba recentemente o récord galego con 2:27.02 que o sitúan como claro líder do ano.

No triplo o plusmarquista galego do Coruña Comarca Bruno Castro, é outro dos atletas plusmarquistas galegos que lideran o ranking RFEA grazas aos 14.00 metros aos que se achagaba o pasado mes de maio nas pistas de Elviña

Xa nos lanzamentos e desde Barbanza, Sara Caamaño intentará mellorar o bronce do ano pasado, posicionándose claramente ao título de campioa de España no lanzamento de peso ao liderar a proba con 13.60. Pola súa banda, idénticas aspiracións no concurso de xavelina para Gabriela Bouzada do Calta Atletismo que viaxa co mellor rexistro da proba con 45.94 m.

Seguindo ca relación de atletas galegos e galegas, especial atención a Mateo Refojo do Rías Baixas cuxo rexistro nos 100 m. tan só é superado por un dos participantes. Ademáis o pontevedrés acude nun bo momento logo de acadar recentemente o récord galego nos 150 m.

Outra das opcións de medallas é a que protagoniza Mauro Seguín do Marineda At.  na distancia dos 300 valos na que conta ca terceira mellor marca dos participantes. Mesmas aspiracións serán as que comparta nos 1.500 obstáculos Pedro Moirón do Maderas Barcia Lourenzá-Cervo na loita directa polos metais.

Continuando nos postos altos do ranking nas epecialidades do fondo e medio fondo, sitúanse Hugo Zuluega do At. Sada nos 600 m., Ismael Rodríguez de A Gándara na proba dos 1.000 m. e Enrique García da Atlética Lucense nos 3.000 m.

Outros dos galegos participantes que estarán a priori loitando polos postos importantes serán o plusmarquista galego dos 100 valos Joel Santana do Celta Atletismo;  Adrián Cabaleiro da Gimnástica na xavelina; Antón Díaz do At. Narón nos 3.000 m.; Lucía Dopico do Coruña Comarca e Lucía Cando da Polideportiva Lucense nos 600 m.; Alba Comesaña da Agrupación Viguesa e Rebeca Prieto do Riazor Coruña nos 300 valos; Irene Méndez do Celta Atletismo en altura e Sara Vázquez da Atlética Lucense na xavelina.

Destacar tamén a participación da plusmarquista galega nos 300 m. Olivia Gutiérrez do Celta Atletismo quen concursará na modalidade de combinadas .

Compartir