Convocada a Irmandiña que viaxará a Ciudad Real

Novamente un dos campionatos máis atractivos do calendario oficial de competicións acude fielmente a súa cita anual. Desta edición, será a cidade manchega de Ciudad Real quen reciba esta fin de semana, ás selecións autonómicas que compitirán no Campionato de España absoluto de Federacións a onde Galicia acude cun equipo ben artellado e competitivo.
Para este ano, foron convocados un total de 37 atletas nos que se mistura a veteranía e a experiencia coa xuventude e o debut de moitos dos seus integrantes o que fai posible unha convivencia moi enriquecedora tanto a nivel deportivo como a nivel persoal. A nivel de obxectivos plantexados, estes pasan por facer un bo papel en conxunto e ir permitindo aos novos valores emerxentes do noso atletismo, adquirir progresivamente un papel máis destacado.
Veteranía e calidade mistúrase con xuventude e futur
Entre a relación dos trinta e sete convocados, sitúase á cabeza da selección como abandeirada, a plusmarquista española e atleta olímpica Belén Toimil quen tomará parte nos concursos de peso e disco estando acompañada pola tamén olímpica e campioa de España, Antía Chamosa na modalidade de marcha.
O internacional Dani Chamosa nos 5.000 marcha, nun excelente estado de forma este ano, será pola súa banda, quen abandere o equipo masculino.
Xunto eles estarán participando o internacional e recente campión galego absoluto Mauro Triana nos 100 m. e un gran Sergio Rodríguez nos 200 m. , que está colleitando este 2025 os resultados de tantos anos de esforzo e constancia.
Nos 400 m. poderemos ver a Alberto Pérez e a campioa galega Inés Oitavén quenes estarán na línea de saída xunto a subcampioa de España Sub18 Sabela Martínez nos 800 m. Por parte masculina, Pedro Osorio que este ano “rachaba o crono” cunha MMP de 1:45.48, será outra importante baza galega en Ciudad Real.
A proba raiña do medio fondo, os 1.500 m., contará ca participación da subcampioa galega Inés Docampo así como do gran valor do medio fondo e fondo galego, que estreará internacionalidade recentemente, Alex Sierpes.
Nas distancias de fondo, poderemos ver as evolucións da finalista no campionato de España Sub18 Paula Fernández e a dun excelente David de la Fuente de quen estamos vendo este ano a súa mellor versión. Nos 5.000 m., a segunda do ranking galego Eva Piñel compartirá tanto distancia como o obxectivo de sumar o maior número de puntos, co subcampión galego absoluto Carlos Porto.
Xa nos valos curtos, serán os plusmarquistas e campións galegos absolutos Hugo Vázquez e Uxía Pereira quenes defendan os intereses da irmandiña, acompañados nos 400 valos polos tamén campións absolutos Lía Caride e Xabier Lires.
Sobre os concursos de saltos, importantes puntos en xogo que intentarán acadar a subcampioa de España Sub18 en altura Iria Solera e o campión galego, e finalista no campinato de España absoluto, Sergio Coello na lonxitude.
No tocante ao círculo de lanzamentos, o subcampión de España e plusmarquista galego Sub23 en peso Fernando Vallines tomará parte nesta cita xunto aos lanzadores de martelo Carlos Revuelta e a campioa de España Sub23 Blanca Pereira. No disco será o ecuatoriano con ficha por Galicia e líder do ranking RFEA, Juan José Caicedo o que parta como favorito grazas aos seus 68.05 m.
A maiores, acuden tamén a esta importante cita os campións galegose galegas absolutas, Cristina Garrido nos 100 m;, Ana Iglesias nos 200 m.; Pepe Sánchez e Pilar Rojo nos obstáculos; Adrián Pastoriza en altura; Aitor Fernández en pértega; Uxía Paz e Diego Míguez en triplo así como Manuela Blanco en pértega
Para rematar Mauro Vázquez reforzará ás as remudas mixtas dos 4×100 m. que terán en Mauro Triana, Ana Iglesias e Cristina Garrido aos seus integrantes. Inés Oitavén, Lía Caride, Alberto Pérez e Sergio Rodríguez repiten proba como integrantes do cuarteto que defenderá os intereses galegos nos 4×400 m.