Máis de 250 atletas tomarán parte no autonómico Sub20

Continuamos unha semana máis celebrando importantes campionatos galegos. Logo de que se desenvolvera hai sete días o galego absoluto nas pistas Universitarias da USC, para este sábado as mesmas instalacións, verán a preto de 250 atletas tomando parte ao longo de todo o sábado do autonómico Sub20.
Entre a relación de atletas participantes contaremos ca presenza de Daniel Salgueiro do Coruña Comarca e de Lucas Vázquez do At. Barbanza que protagoinizaran unha interesante final na proba dos 400 m. O curuñés novamente manterá outra non menos interesante final, desta ocasión nos 800 m., co sadense Ricardo Negrete quen se achega ca mellor marca de 1:53.97. Pilar Rojo do Riazor Coruña, será unha das princípais favoritas sobre esta mesma distancia.
Sara Guedes da Atlética Lucense e Estela Díaz do Lucus CR parten como favoritas para encabezar os postos da clasificación nos 1.500 m.
Nos valos tres atletas por debaixo dos 15 segundos: Pablo García do ADAS CUPA, Martín Vázquez do Lucus CRG e Leo Rodríguez do Celta At. En mulleres tanto Martina Gutiérrez do Celta At. nos 100 valos como Alicia Barreiro do Ría Ferrol nos 400 V. parten ca mellor marca das participantes.
En homes, nos valos longos novamente Leo Rodríguez aspira ao dobrete nesta distancia malia que terá en Iago López do Riazor Coruña ao seu principal opoñente.
No foso de area os 5.45 m. de Daniela Andrea Laya do Riazor Coruña fan dela a clara favorita ao título galego. No triplo Marina Artemia do Celta At. encabeza a clasificación desta categoría con 11.83 m. sendo nos homes o internacional e bronce absoluto en triplo Gonzalo Cuns, quen se media ao tamén medallista de bronce en lonxitude Unai Loureiro. No tocante ás mulleres Marina Artemia da Gimnástica será a rival a batir na instalación santiaguesa.
Nos lanzamentos a campioa galega do ano pasado Sub16 Gema Dacosta do Vila de Cangas parte como favorita para acadar un novo título en peso como tamén figura en todos os prognósticos Aixa Corbacho quen marcha na segunda posición no ranking RFEA en martelo. A campioa de España Lara Iglesias da At. Barbanza en xavelina será outra das claras aspirantes ao título. Na categoría masculina Xaido Nimo do Celta At. e Daniel Villanueva do Ourense At. serán a priori quenes decidan o campionato en martelo ao igual que Enzo López da At.Barbanza e Alejandro Rey do At.Santiago na xavelina.
Continuando ca marcha, o subcampión galego absoluto Nicolás Collazo do At. Ames parte como un dos claros favoritos ao título ao igual que a bronce absoluta do mesmo campionato Andrea Cainzos de La Mochila.