Saltar ao contido
Campionato de España

Badajoz e Castelló reciben aos Sub23 e Sub18

Un total de 143 atletas galegos e galegas estarán tomando parte durante esta fin de semana na disputa de dous importantes Campionatos de España que se estarán levando a cabo en Castelló en Badajoz

Sub18. Castelló 5 e 6 de xullo

Para comezar, Castelló será o gran escenario a onde acudan a tomar parte ao campionato de España un total 29 galegas e 26 galegos das categorias Sub18. Entre as mesmas cabe salientar a presenza do atleta do Coruña Comarca Sebastián Bascoy quen parte co segundo mellor rexistro dos participantes de 21.74 e que aspira a mellorar o bronce logrado o ano pasado en Málaga.

Nos 800 m. tamén estaremos moi pendentes da participacion tanto da subcampioa de España-2024 nos 2000 Obs. Sabela Martínez do Ourense Atletismo como de Javier Picos do Marineda At. quenes se sitúan na segunda posición deste distancia. Outra das opcións claras de medalla será a que conte a campioa galega absoluta dos 5.000 m. Sabela Castelo, quen estará participando  nos 3.000 m. proba na que tamén estara pelexando polos metais a gimnástica Paula Fernández.

Alex Sierpres do Vicki Foods, despois dunha gran tempada invernal, domina o ranking nacional da proba dos 1.500 partindo como un dos favoritos ao título. En mulleres Eva Rouco do Lucus CRC estará na loita directa polos metais ao igual que Naroa Pereira do Ourense At. que pelexará por un dos postos de finalista.

Máxima atención á proba ds 2000 obstáculos que contan cun claro acento galego cas irmán Dameku e Debris Paniagua do C.A O Pino liderando o ranking de España e con María Estévez da Gimnástica ocupando o terceiro lugar do mesmo e que podería facernos soñar cun formidable podio galego.

Na colchoneta de altura Iria Solera a subcampioa de España da pasada edición e Gael Couñago quen este año chegaba aos 2.00 m. logrando o bronce indoor, pelexarán novamente por uns dos metais deste campionato.

Hugo Casañas do Ourense At. que conta as súas actuacions por triunfos, parte como claro favorito a proclamarse novamente bicampión de España nos concursos de peso e disco que lidera con claridade. Sobre as mesmas especialidades estará lanzando na categoría feminina a campioa de España Sub16 Aita Capeáns do Ourense At.

Sen abandoar os concursos, máxina atención ao martelo ca participción de Anxo Filgueira do Rías Baixas e a do campión de España Sub16 Javier Cid do Ourense Atletismo así como Alex César do AA Mazi en xavelina, cuxos rexistros situannos en postos de podios.

Outros dos atletas que estaran na pelexa por acadar os postos importantes do campionato serán Martiño Salgado do Celta At, nos 400 valos; Iago Martínez do Marineda nos 400 m.; Alejandro Santos da Gimnástica sobre os 3000 m.;  Guillermo Piñeiro da Gimnástica sobre os 110 valos; Pablo Vázquez do At. Narón sobre os obstáculos;  Jesús Arias do Xuncas en Decathlon;  Lydia Valdés do At. Sada en Martelo e a campioa galega absoluta Icia Ares do Ourense At. nos 5000 marcha.

Sub23. Badajoz 5 e 6 de xullo

A 720 km. dos Sub18 estará disputándose en Badajoz o Campionato de España Sub23 onde tamén os nosos ateltas contarán con importantes opcións de metais.

Unha das opcións máis claras pasan pola proba dos 110 valos que contará ca presenza destacada tanto do plusmarquista e campión galego absoluto Hugo Vázquez do Marineda como de David Vicente do At. Albacete quenes acuden nun bo estado de forma.

Nos lanzamentos, o subcampión de España Sub20 Fernando Vallines do At. Portugalete intentará mellorar a súa actuación do galego que pasan por estar por riba dos dazaseis metros, no seu primeiro ano nesta categoría.

Blanca Pereira do Ourense At. figura en todos os prognósticos para lograr o título de España no concurso de martelo e ravalidar o título que xa lograba o ano pasado sendo Sub20. Pola súa banda, a campioa galega absoluta e internacional do Ría Ferrol Xiana lago estará tomando parte en peso ao igual que sobre a xavelina contaremos ca presenza de María Pena e Paula Piñón  con claras opcións de postos importantes.

Por último en decathlon, presenza destaca do campión galego absoluto Xoel Otero do AA Mazí e a do subcampión Aitor Fernández do Super Amara

Compartir