Campionato de España
Nove récords e trinta e sete medallas para os máster en La Nucía

Un total de 37 medallas e 36 postos de finalistas foi o balance da actuación dos atletas galegos e galegas máster que estiveron participando en La Nucía no Campionato de España o pasado 20 e 22 de xuño.
Entre as dazoito medallas de prata, as cinco de bronce e os trinta e seis postos de finalistas, destacamos os títulos de España logrados por:
Máster 35
- Bea Viteri (Samertolameu) Pértega e xavelina
- Ana Revuelta (Ourense At.) Disco
Máster 40
- Jose Fernández (Celta At.) 5000 marcha
- Miguel Gómez (Celta At.) 200 m.
Máster 45
- Juan Manuel Morales (Marineda At.) 5000 Marcha
Máster 50
- Helena Rey (S.Gimnástica). Peso
- CA.Sada. Remudas mixto. 4×100
Máster 60
- Esther Pedrosa (Dawako) 5.000 m.
- Javi Viteri (Samertolameu) Xavelina
- C.A.Sada. Remudas Femininas. 4×100
Máster 65
- Ana Abuín (Samertolameu) Martelo e Martelo pesado
Máster 70
- Pablo Fervenza (Samertolameu) 5.000 m.
A maiores compre salientar a consecución dun total de nove récords galegos:
- Xabier Díez do Lucus CRG noc 3.000 Obs. M50 con 10:25.79,
- Fernando Míguez do At. Sada en triplo M55 con 11.26
- Elisabet Pazo do Samertolameu en martelo pesado F50 con 11.55
- Ana Abuín do Samertolameu en martelo pesado F65 con 10.10
- Ana Abuín do Samertolameu en martelo F65 con 22.60
- C.A.Sada. Remudas mixtas 4×100 M50 con 53.72,
- C.A.Sada. Remudas mixtas 4×400 M60 con 5:39.74
- C.A.Sada. Remudas femininas 4×100 M60 con 1:12.60
- C.A.Sada. Remudas femininas 4×400 M60 con 6:05.64