Saltar ao contido
Campionato de Galicia

As altas temperaturas marcaron o galego absoluto de Santiago

As altas temperaturas marcaron esta fin de semana a celebración do Campionatto Xunta de Galicia Absoluto que malia elo, contou cun gran ambente tanto nas pistas como nas bancadas.

Ca mente posta tanto na consecución dun posto no podio como na de acadar algún dos billetes de participación para distintos campionatos de España, foronse desenvolvendo o pasado sábado en dobre xornada, as distintas probas que tiveron como convidados na entrega de trofeos entre outros ao Rector da USC Antonio López; a Javier Rico coordinador do área de deportes da USC e a do adestrador Marino García-Verdugo, un dos técnicos máis prestixiosos e referentes do atletismo galego.

Malia varias ausencias, non faltou nin emoción nin disputa ao ongo de toda a xornada

Nas probas de velocidade o plusmarquista galego internacional Mauro Triana era o único na final que lograba baixar dos dez segundos gañando comodamente o título en 10.84. Cristina Garrido da Gimnástica revalidaba título feminino do ano pasado con 12.34.

Un dos velocistas galegos máis regulares dos últimos tempos, Sergio Rodríguez da Gimnástica lograba un merecido triunfo sobre a “súa” distancia dos 200 m. logo de invertir un bo crono de 21.77. Ana Iglesias pola súa banda, e sobre a mesma distancia, non daba opcións as súas rivais rematando en 25.02

Lucas Vázquez do Barbanza con 48.59 (MMP) e Inés Oitavén do Ría Ferrol con 55.48, e mellorando a prata da pasada edición, lograban o título sobre os 400 m.

Suma e segue á magnífica tempada de David de la Fuente do CD Pinarium, que sumaba en Santiago os títulos tanto dos 800 m. con 1:51.85 como na dos 5.000 m. con 14:18.17. Sobre esta mesma distancia, unha decidida Sabela Castelo, lograba en solitario unha MMP de 16:52.95 que a sitúan no terceiro lugar a nivel ranking RFEA da súa categoría Sub20. Pola súa banda a internacional Sub18 Sabela Martínez da Gimnástica, proclamábase campioa galega na proba dos 800 m. por diante da coruñesa Eugenia Gil quen sumaba outro bronce sobre os 400 m.

Pedro Osorio, unha das “sensacións” do ano nos 800 m. grazas a  eses 1:45.48 tomaba parte nos 400 m. nas que remataba de 4º pero cun excelente tempo de cara as súas aspiracións de 48.75. Claro cor gimnástico na proba raíña do medio fondo, os 1.500 m., con ouros para Paula de la Torre en 4:49.59 e Pablo Bocelo con 3:55.61

Nos obstáculos e baixo unha alta temperatura, debut de primeiros títulos galegos absolutos tanto de Pepe Sánchez da Atlética Lucense como de Pilar Rojo do Riazor Coruña.

Nos 110 valos, o plusmarquista galego absoluto Hugo Vázquez do Marineda At. na procura da mínina para tomar parte no Europeo, quedaba ás portas con 14.02. Segunda posición para o internacional en combinadas Gerson Vidal Izaguirre quen colleitaba o primeiro dos seus tres subcampionatos xunto á xavelina e disco. A tamén plusmarquista galega absoluta Uxía Pereira facía bos os prognósticos nos 100 valos que completaba en 14.25.

Lía Caride pola súa banda, lograba cetro galego nos 400 valos con 1:01.04 por diante de Carolina Martínez e Lucía Rivadulla

Nas probas de marcha, o internacional Dani Chamosa cumplía co claro papel de favorito, precedendo tanto a plusmarquista galago dos 5K U18/U20 Nicolás Collazo como ao campión e plusmarquista mundial máster Juan Manuel Morales do Marineda At. No tocante á categoría feminina primeiro triunfo absoluto para Icía Ares que remataba en 25:29.09 e no que xunto ela, estiveron na zona de podio Alba Pérez e Andrea Cainzos.

Nos saltos bo campionato de Diego Míguez do Atletismo Sada quen lograba unha MMP de 15.29 m. sobre un concurso de triplo moi interesante que se decía nos últimos saltos e que deiaxaba en zona de podio, ao plusmarquista galego Jose Alfonso Palomanes con 15.19 m. e ao internacional Sub20 Gonzalo Cuns con 14.84 m.

Bo concurso no foso de lonxitude para a internacional Olia Guisela Becerril marcando 6.08 m. polos 7.85 m. na categoría masculina de Sergio Coello da Gimnástica quen estivo acompañado no podio polo campión de triplo, Diego Miguez con 7.31 e por un extraordinario Unai Loureiro quen racaha a sua MMP para deixala en 7.14 m. Compre salientar a participación da atleta paaralímpica Desiree Vila quen chegaba ata os 4.28 m.​

En altura interesante concurso o mantido entre o sadense Adrian Pastoriza e Gael Couñago do CAR Redondela con triunfo final para o primeiro con 1.96 polos 1.93 do redondelán. Na categoría feminina a principal favorita Iria Solera do Ourense At. deixaba o listón en 1.70 m.

Cómodo triunfo para uhna Manuela Blanco do Ourense At. en pértega con 3.80 m. quen xa pensa no campionagto de España. En homes o título correspondeu a Aitor Fernández cunha MMP de 4.70.

Xa nos lanzamentos a internacional Xiana Lago do Ria Ferrol amosaban o seu bo estado de forma para lograr os títulos tanto de peso con 13.01 m. como de disco con 37.76 m.

Na categoría masculina Miguel Angel Granado lograba o ouro en peso con 15.85 m. sumando ademáis o metal de bronce en martelo, cuxo gañador foi Marcos Bouza con 44.91 m. Novo podio para Victor Gallego, bronce en peso, quen sigue sumando metáis e acrecentando a súa lenda de atleta con máis metais autonómicos.

Entre as marcas destacadas do sábado, compre salientar os 60.64 m da internacional Blanca Pereira do Ourense At. no concurso de martelo que lle daban o título por diante de Aixa Corbacho con 58.18 MMP. En homes o lanzador da categoría máster Carlos Almudí do Celta, sumaba o galego absoluto con 50.56 m. sobre unha modalidade na que Eric Méndez con problemas durante a súa actuación, non puido estar sobre as súas marcas.

Na xavelina a colombiana con ficha galega e líder do ranking RFEA Yiset Mágali Jimenez do Ourense At. lanzaba ata os 57.18 m. Neste mesmo concurso “reaparicion” da internacional e campioa de España Lidia Parada do Barbanza tirando ata os 48.00 m. que lle daban a prata.

Na categoría masculina Jonathan Correa da Gimnástica repetía o título logrado o ano pasado con 66.45 m.

Por último, nas probas de remudas a Sociedad Gimnástica lograba por equipos proclamarse campión galego nas dúas probas masculinas dos 4×100 m. e dos 4×400 m., correspondendo o campionato feminino ao Ría Ferrol nos 4×400 m. e ao Ourense Atletismo nos 4×100 m.

Compartir