O Sub14 de clubs e o Ultra TR compartirán atención co galego absoluto

Malia que a gran cita da fin de semana será a celebración do Campionato Xunta de Galicia Absoluto que se estará a desenvolver nas pistas Universitarias de Santiago, contaremos tamén con dúas importantes citas para o domingo como son o Campionato Xunta de Galiciade TR Ultra en Chantada e o Campionato Xunta de Galicia sub14 por clubs que se levará a cabo nas pistas lucenses do Gregorio Pérez Rivera.
Primeira edición
Ata Chantada acuden un total de 14 atletas para tomar parte nesta primeira edición que conta coa colaboración da Peña Saltasebes de Chantada e que a organización quere adicar a Adrián e Iñaki
Moi cedo terán que erguerse os participantes deste campionato xa que a saída está prevista para ás 6:00 horas da madrugada momento no cal, se porá en marcha a proba sobre unha distancia de 85,6 km. cun desnivel de 4040 m. positivos. No traxecto, pasarán por varias localidades fixándose os puntos de avituallamento nas zonas de Blesar, Praia da Cova, Míllara, Freán, Acedre, Hortás, Miradoiro Chancís, aparcadoiro miradoiro Cividade, Pacios e Castroxua.
No tocante á participación, en homes contarase con Xenxo Laso que está a facer unha boa tempada e con Iván Sangiao que foi o mellor galego no campionato de España ultra trailrunning. Atención a David Álvarez do Porriño, especialista nas distancias longas.
Na categoría feminina destacan Tamara García quen no 2023 lograba o triunfo nos 110K do Ecocamiño así como a tinerfeña Raquel Rivero, que conta cun palmarés ultra considerable.
Os clubs Sub14, a escea
Pola súaa banda o domingo, Lugo será escenario da disputa do Campiponato Xunta de Galicia de clubs sub14 a onde acuden a tomar parte un total de vintedous equipos (14 femininos e 8 masculinos). Entre os mesmos estarán os gañadores da pasada edición, o Atletismo Narón en homes e a Gimnástica de Pontevedra en mulleres e onde as formacións do Ourense Atletismo, Celta Atletismo, La Purísima e Millaraio, serán algúns dos que a priori, poderían estar na loita polos postos importantes da clasificación xeral.
Participantes femininos: Ames Atletismo, Atletismo Narón, Atletismo Samertolameu, CSCR Beade, ADAS CUPA, Atletismo Sada, Lucus Caixa Rural, Atletismo Noia, Atletismo Vila de Cangas, ACD Piringalla, La Purísima, S. Gimnástica, Celta Atletismo e Atletismo Deza
Participantes masculinos: Atletismo Narón, ADAS CUPA, Atletismo Sada, Lucus Caixa Rural, La Purísima, S. Gimnástica, Celta Atletismo e ACD Piringalla