Importante presenza de olímpicos e internacionais no galego absoluto de Santiago

Logo das celebracións dos anos 1980,82,84,93,96, 2023 e 2025, as pistas Universitarias de Santiago volverán ser esciario este sábado desde as 10:00 ata as 20:30 horas, da disputa do Campionato Xunta de Galicia absoluto na que están en xogo os títulos máis importantes deste 2025.
Como ben sendo habitual, este campionato é aproveitado nalgúns casos para intentar lograr algunha das marcas mínimas de participación nos distintos campionatos de España que están por vir, xa que o gran nivel que se poderá presenciar esta fin de semana, convirten a este certame no máis idoneo para a súa consecución.
Importante e numerosa presenza de atletas
Este ano foron admitidos a tomar parte un total de 453 participantes entre os cales contaremos entre outros, ca presenza de varios internacionais, olímpicos e líderes do ano a nivel estatal das súas respectivas probas.
O plusmarquista galego internacional dos 100 m. e dos 200 m. Mauro Triana tomará parte sobre estas dúas distancias compartindo aspiracións co xoven valor do Vila de Cangas Mauro Vázquez quen lidera o ranking galego 2025 nos 100 m. con 10.64. Nos 200 m. tamén estarán nunha interesantísima final xunto ao plusmarquista galego, Sergio Rodríguez da Gimnástica con 21.45 e Adrian Outeiral do At. Alcorcon con 21.46.
Reaparición do internacional Elian Numa sobre a proba dos 800 m. onde acredita do ano pasado 1:48.41. Precisamente sobre esta mesma proba Pedro Osorio da Gimnástica, realizaba recentemente un sensacional rexistro de 1:45.48 malia que será sobre a proba dos 1.500 m. sobre a cal participará na procura do título e de millorar os seus 3:42.90 do pasado fin de semana. Pablo Bocelo da Gimnástica e o campión galego de 10.000 m. David de la Fuente do C.D. Pinarium, estarán tamén sobre a proba raiña do medio fondo. Sobre os 5.000 repetirá distancia o atleta do Pinarium quen terá como enfronte e como gran rival, ao campión galego do ano pasado Carlos Porto da Gimnástica.
Atención á proba de valos ca presenza dos plusmarquistas galegos Uxía Pereira do Super Amara e de Hugo Vázquez do Marineda At. que estarán defendendo o campionato logrado o ano pasado en Vigo. Sobre esta mesma distancia tamén contaremos ca presenza do internacional venezolano en combinadas Gerson Vidal Izaguirre do Unicaja Jaén quen xa lograba o título indoor este mesmo ano.
Pola súa banda sobre os valos longos, Xabi Lires parte como claro favorito grazas aos seus 51.91 acreditados a principios deste mes en Salamanca así como Lía Caride do G.Pamplona, única das participantes que acredita este ano estar por debaixo do minuto, correndo a mediados deste mes en Soria en 59.56.
Na proba dos obstáculos estará a atleta do Riazor Coruña Pilar Rojo quen terá a oportunidade de mellorar o metal de bronce logrado o ano pasado e onde como principal rival, contará con Carmen Victoria González da Gimnástica a seis segundos da coruñesa.
No listóns de altura e pértega tanto a campioa galega Iria Solera como Manuela Blanco, defenderán os seus 1.74 m. e os 3.95 m. respectivos que colocan as saltadoras do Ourense Atletismo ao fronte do ranking galego do ano. En homes duelo por riba dos dous metros entre Adrián Pastoriza do At. Sada con 2.01 m. e Gael Couñago da A.D.CAR a un centímetro do sadense no que se agarda sexa un dos grandes duelos do campionato.
Tanto a internacional Olaia Guisela Becerril do Super Amara como Sergio Coello da Gimnástica defenderán o seus títulos galego en lonxitude onde creditan este ano 6.33 m. e 7.76 m. respetivamente. Sen abandoar o foso, a diploma paralímpica en Tokio-2024 Desiree Vila, estará tamén sobre o tartán das pistas universitarias compitindo e participando nuns campionatos que pretenden ser o máis abertos e integradores posibles.
En triplo interesante concurso o que protagonizarán a líder galega do ano Alba Martínez do Ourense Atletismo con 12.37 m. e Uxía Paz do At. Alcorcón a tan só catro centímetros. A internacional Diaou Diallo do Ría Ferrol tamén a teremos tomando parte sobre esta mesma modalidade. En homes, o plusmarquista galego internacional Jose Palomanes da Gimnástica estará na loita polos metais sobre un concurso no que Diego Míguez do At. Sada e o internacional Gonzalo Cuns do At. Negreira, disputarán o título.
No concurso de peso atamén internacional Xiana Lago do Ría Ferrol, defenderá os seus 13.94 m. que a sitúan como favorita e no que Raquel Villa do Celta Atletismo, loitará por mellorar os seus 12.92 m. En homes Fernando Vallines é o unico en chegar este ano aos dazaseis metros polo que a priori, parte como favorito fronte a Miguel Angel Granado do Celta. Mención especial á participación de Victor Gallego da Gimnástica quen loitará por sumar outro novo metal na procura de seguir ampliando a súa lenda.
Blanca Pereira do Ourense Atletismo e Aixa Corbacho da Deputación de Valencia, volverán protagonizar unha interesante disputa sobre o lanzamento de martelo na que a internacional ourensá parte ca mellor marca de 61.33 m. Na categoría masculina, o gañador do ano pasado Eric Méndez, lanzaba este ano ata os 56.38 m. polos 62.07 m. do subcampión Carlos Revuelta da Gimnástica que fan do valdeorrense, un dos favoritos.
No disco, todo apunta a que Marcos Bouza do At. Albacete revalidará sen aparente problemas, o seu título do ano pasado.
Xa na xavelina, a lanzadora colombina do Ourense Atletismo con ficha galega Yiset Magali Jiménez lidera o ranking RFEA con 59.80 m. malia que será entre a campioa de España e internacional Lidia Parada -quen reaparece- da At. Barbanza e María Pena do Celta Atletismo quenes disputen o título. Na categoría masculina, Jonathan Correa da Gimnástica, estará no corredor de lanzamentos defendendo o metal de ouro logrado o ano pasado.
Os irmáns Chamosa, nun novo compromiso persoal con estes campionatos, estarán tomando parte sobre o sintético da capital galega aportando calidade e esta edición. Ambos competirán sobre a distancia dos 5.000 m. a onde a marchadora olímpica Antía C., acude cun excelente rexistro este ano de 21:12.29 que é récord galego. Pola súa banda Daniel C., nun excelente estado de forma, estará intentando rebaixar o seu propio récord que o ano pasado deixara en 19:17.32. Sobre esta mesma distancia, compre salientar a participación do campión e plusmarquista mundial máster Juan Manuel Morales do Marineda Atlético
Campionato de Remudas
A maiores tamén se estará disputando o Campionato Xunta de Galicia Absoluto de Remudas 4×100 e 4×400 m. ca participación dun total de corenta equipos entre os que destaca a presenza do Marineda Atlético, gañador o ano pasado dos 4×100 m. e 4×400 m. homes, así como do Celta Atletismo e Ría Ferrol, gañadores femininos dos 4×100 m. e 4×400 m. respectivamente.
Foto, Hugo Vázquez (¡Ánimo!)