O galego Sub16 de O Barco deixa moi boas sensacións

O Barco de Valdeorras daba acollida o pasado sábado unha interesante xornada do Campionato Xunta de Galicia Sub16 ca participación dun importante número de atletas achegados de todas as delegacións.
A nivel de resultados destacados, nas probas de velocidade, Mateo Refojo do Rías Baixas lograba uns excelentes 11.20 sobre a proba dos 100 m. que lle daban un cómodo triunfo e sobre os cales, lograba en Durango recentemente igualar o récord galego de 11.00 e compartilo con Aaron Pérez. Na velocidade feminina, a plusmarquista galega dos 300 m. Olivia Gutiérrez do Celta Atletismo, remataba a súa proba na primeira posición con 40.92.
O líder de España sobre os 1.000 m. Xoel Franco do Beade, realizaba unha carreira de control que lle permitía domiñala con 2:34.53 e onde por detrás, un excelente Ismael Rodríguez de A Gándara, conseguía a segunda posición con 2:35.52.
Os 3.000 m. tiveron no lucense do LUCUS Enrique García ao protagonista logo de rematar a proba ao fronte da mesma cun rexistro de 8:58.354 MMP
A nova máis salientable do campionato aconteceu na proba dos 100 valos na que o plusmarquista galego Joel Santana volvía rebaixar a súa propia plusmarca para deixala nuns formidables 13.59 que o sitúan ao fronte do ranking da RFEA.
Novamente Bruno Castro do Coruña Comarca exhibíase no foso de area onde chegaba ata os 6.52 m. en loxitude (MMP) e aos 13.91 m. en triplo gañando ambas. Na lonxitude feminina, interesantísima loita mantida por Celia Couto do Rías Baixas e Noa Freiria do Celta Atletismo e que se decidía por tan só un centímetro de diferencia a favor da morada con 5.08 m.
No concurso de xavelina resultaron bos os 44.26 m. efectuados pola líder do ranking RFEA Gabriela Bouzada do Celta Atletismo así como os 47.07 m. protagonizados por Adrian Cabaleiro da Gimnástica sobre o mesmo concurso.
O campión de España dos 5K en ruta deste ano en Marín Mateo Valcarce do ADAS CUPA, entraba gañador da proba quedando a tan só un segundo do seu mellor rexistro anual de 13:31.12
Para rematar, as remudas curtas masculinas daban o triunfo ao conxunto do Coruña Comarca cuxa marca de 45.52 situannos ao fronte do ranking RFRA. Pola súa banda, o conxunto feminino do Celta Atletismo remataba en 50.78 logrando a victoria nesta distancia.