Fin de semana de combinadas e Sub23 no Gregorio Pérez

As pistas do Gregorio Pérez Riivera de Lugo viviron esta fin de semana unha dobre xornada de campionatos ca disputa dos autonómicos de probas combinadas para as categorías absoluta e Sub18 así como o Campionato individual Sub23.
Precisamente Xoel Otero da A.A. Mazí e Lucía Sánchez do Celta Atletismo, lograban proclamarse campións galegos absolutos de probas combinadas logo de conseguir unha suma total de 6.698 puntos e de 3.642 p. respectivamente. Xunto aos gañadores, ocupaban posicións de podio Aitor Fernández con 6.306 puntos e Adolfo Saínz-Maza con 5.006 na categoría masculina, e Eva Salvado con 3.552 puntos e Andrea Reija con 3.277 na categoría feminina.
A maiores, tamén resultaron campións galegos Sub18 os atletas do Xuncas Diversia Carla Allegue con 4.336 e Jesús Arias con 5.938. Sabela Baltar e Itziar Gerboles así como Nuno Castro e Alvaro Fontán, acompañaron aos gañadores no podio.
Xa na xornada do domingo desenvolvíase o Campionato Xunta de Galicia Sub23 sendo o máis salientable o rexistro logrado por Fernando Vallines no concurso de peso onde lanzaba no seu terceiro intento ata os 15.56, malia que alonxado da súa MMT de 15.82.
Blanca Pereira do Ourense Atletismo, de MMT de 61.33 m., mandaba o martelo ata os 61.33 m. polos 44.45 m. de Paula Piñón na xavelina sobre a que lograba impoñerse.