Saltar ao contido
Selección Galega

Chocolate para a Selección Galega Sub18

Menos de seis puntos separou a Selección Galega Sub18 do podio esta fin de semana do Campionato de España Sub18 levado acabo en Palafrugell e que a levarían a repetir o cuarto posto logrado o ano pasado en Pontevedra, desta ocasión,  por detrás de Catalunya, Valencia e Madrid.

Solera, Paniagua e Casañas, lideraron a Selección

Iria Solera en altura con 1.69 m. Demuku Paniagua en obstáculos con 6:57.89 e de Hugo Casañas en disco con 64.18 -e récord do campionato-, fixeron bos os prognósticos que os situaba como líderes das probas, logrando os triunfos nas súas respectivas probas e amosando as súas credenciais para o campionato de España individual do vindeiro 5 de xullo en Castelló.

Xunto aos gañadores, tamén estiveron nas zonas importantes da clasificación xeral Debris Paniagua en 1500 m., Alex César en xavelina, Alejandro Santos nos 3.000 m e Javier Picos en 800 m. que lograban segundos postos, así como Aitana Capeáns en peso, Sebastián Bascoy nos 200 m. e o equipo de remudas dos 4×400 m. que de igual modo aportaban importantes puntos ao rematar nas terceiras posicións das súas probas

Os postos de finalistas foron ocupados por Guillermo Piñeiro nos 100 valos, Diego García nos 5000 marcha, Isaac Casal en triplo, Lidia Valdés en martelo, así como o combinado de remudas 4×100.

Excelente ambente na Selección

Carlos Tuñas, que viaxou en calidade de responsable da Selección Galega destacaba “o fabuloso ambente e a gran implicación de todos e cada un dos que formaron parte da selección” e onde tan só houbo que lamentar a lesión de última hora de Paula Conde e a enfermidade xa no hotel, de Tariqua Brandón a quenes desexamos unha pronta recupetación.

Compartir