Os títulos de combinadas e Sub23 decídense en Lugo.

As pistas lucenses do Estadio Gregorio Pérez Rivera, reciben esta fin de semana as importantes citas correspondentes aos Campionatos Xunta de Galicia de Probas combinadas absolutas e Sub18 o sábado e domingo e o Campionato Xunta de Galicia Individual Sub23 que se celebrará durante a xornada do domingo.
O sábado a partires das 15:00 horas, un total de 25 atletas estarán tomando parte durante no Campionato Xunta de Galicia de probas combinadas para as categorías absoluta e Sub18.
Como principais favoritos parten o atleta internacional Adolfo Saínz Maza do Celta Atletismo, integrante da Selección galega nas últimas edicións e que xunto a Andrea Reija do Ourense Atletismo serán os claros riváis a batir.
Na categoría Sub18 os representantes do Xuncas Diversia, Carla Allegue e Jesús Arias serán tamén pola súa banda, uns dos principais aspirantes ao título para esta edición.
Xunto eles, tamén estarán compitindo os medallistas do pasado campionato galego de aire Libre Nuno Castro do Millarraio e Candela Vázquez do At. Sada
Campionato Xunta de Galicia Sub23
Xa no domigo, será o momento do campionato galego Sub23. Entre a relación de atletas destacados figuran a participación de Antón Riveiro do At. Santiago quen parte como favorio sobre a distancia dos 100 m. grazas ao seu rexistro de 10.72 m. No dobre hectómetro Eloy García do Marineda Atlético, tamén conta ca condición de favorito ao ser o unico dos participantes que acredita estar por debaixo dos 22 sengundos.
No concurso de martelo, contaremos ca lanzadora internacional do Ourense Atletismo Blanca Pereira quen o pasado mes de marzo lograba o récord galego da súa categoría logo de lanzar ata os 61.33 m.
O concurso de xavelina feminino será un dos máis interesantes grazas a presena de María Pena do Celta Atletismo e de Paula Piñón do At. San Sebastían tan só separadas por cinco centímetros.
O campión galego absoluto de aire libre de peso Fernando Vallines do At. Portugalete, será outro dos homes destacados que poderemos ver nas instalacións do Gregorio Pérez Rivera ao igual Jorge Vázquez do Marineda At. quen acude co mellor rexistro dos participantes na proba dos 400 valos con 54.66