As pistas Luis Nogueira, reciben o autonómico Sub16

Esta fin de semana as pistas de atletismo de Luis Nogueira de O Barco de Valdeorras, acollen a importante cita correspondente ao Campionato Xunta de Galicia Sub16 a onde están chamados a tomar parte os mellores especialistas galegos do momento.
Entre os mesmos se atopa Olivia Gutiérrez do At. Feminino Celta quen se posiciona como seria aspirante a lograr o dobrete tanto na proba dos 100 m. como na dos 300 m. nas que a credita a mellor marca das participantes. Na categoría masculina Mateo Refojo do Rías Baixas, parte de igual modo como favorito nos 100 m. sobre os cales estará intentando baixar da barreira dos 11.00 segundos.
Sobre os 600 m. Lucía Dopico do Coruña Comarca lidera por rexistro a distancia malia que haberá que estar pendente ao que poida facer Carmen Paz do Atletismo Noia.
Xa na distancia dos “miles” o recente plusmarquista galego Xoel Franco do Beade, estará loitando por mellorar o seu propio rexistro de 2:27.02 ao igual que fará Lucía Cando da Polideportiva Lucense co seu crono persoal de 3:00.38.
Seguindo cas distancias longas, os 3.000 m. contarán ca presenza do lucense Enrique García da Atlética Lucense como claro favorito grazas aos seus 9:02.98.
Interesantísima a disputa que manterán sobre os 300 valos Alba Comesaña da Agrupación Viguesa con Rebeca Prieto do Riazor Coruña, ambas tan só separadas por doce centésimas. Sen abandoar a especialidade, o plusmarquista galego dos 100 valos Joel Santana do Celta Atletismo, terá unha boa oportunidade para “atacar” a súa MMP. Mauro Seguín do Marineda Atlético pola súa banda, intentará rebaixar a barreira dos 40 segundos sobre dos 300 valos que lidera con claridade.
En altura Irene Méndez do Celta Atletismo acude ca mellor marca das participantes de 1.66 m. situandose a tan só 3 centimétros Sara Faraldo do At. Sada. Algo máis “relaxado” a priori estará Beltrán Rivas do At. Deza sobre o mesmo listón grazas aos seus 1.87 m.
Atención a Bruno Castro do Coruña Comarca que lograba recentemente o récord galego de triplo con 14.00 m,. situándose en lonxitude a 17 cm. do mítico récord galego de Ignacio Coo de 6.66 m. e que data nada menos que do ano 1973.
Claro dominio a priori tanto de Paula Carrión do Ourense At. en pértega con 3.11 m. e de Gabriela Bouzada do Celta Atletismno en xavelina con 45.94 m.
Nos lanzamentos Adrián Cabaleiro da Gimnástica aspira a lograr os títulos de disco e xavelina, as cales lidera por marcas.
Por último o plusmarquista galego e Campión de España dos 5K en ruta da pasada edición de Marín, Mateo Valcarce do ADAS CUPA, será xunto a Antón Díaz do At. Narón, os rivais a batir na distancia dos 3.000 marcha.