Saltar ao contido
Campionato de España

A Selección Galega Sub18 a por todo en Catalunya

Esta fin de semana unha importante selección galega Sub18 composta por 22 atletas (11 homes e 11 mulleres) porá rumbo a Palafrugell para tomar parte no Campinato de España de Federacións a onde están chamados a tomar parte un total de 17 Seleccións.

Logo do excelente resultado da edición do ano pasado levada a cabo en Pontevedra, tanto no organizativo como no deportivo e na que a nosa selección lograba un 4º posto por equipos e cinco podios no individual, os obxectivos para este ano pasan por estar de igual modo na pelexa polos postos de honra do campionato.

Para elo acuden algúns dos atletas máis importantes do momento entre os cales destaca a presenza do campión e plusmarquista de España Hugo Casañas quen lidera claramente o ranking RFEA na modalidade de disco.

Xunto ao pontevedrés, tamén estarán atletas da talla de Sebastían Bascoy sobre os 200 m,. Javier Picos nos 800 m,. Demeku Paniagua nos 2.000 obstáculos, Iria Solera en altura ou Aitana Capeáns en peso os cales estarán loitando polo triunfo nas súas respectivas probas.

Debris Paniagua, líder xunto á súa irmá do ranking RFEA en obstáculos, “cede” á mesma a súa praza, por esixencias de equipo, pasando a tomar parte na distancia dos 1.500 m. onde conta de igual modo, cunha das mellores marcas. Guillermo Piñeiro sobre os 110 valos así como Lydia Valdes no concurso de martelo, son outros dos atletas que representan á nosa selección que se atopan en postos importantes do ranking de España Sub18.

Nas remudas Aaron Pérez, quen recentemente estreaba internacionalidade, estará tamén na localidade catalana defendendo as cores da Irmandiña

Formato mixto

Desde fai uns anos, e por criterios económicos e organizativos, este campionato desenvolvese en formato mixto asignándose de maneira alterna a homes e mulleres as distintas probas que forman o calendario oficial de competición, e cuxo orden varía cada ano.

 

Compartir