A armada máster toma rumbo a La Nucía

La Nucía recibe este fin de se mana o Campionato de España máster de Aire libre á que acuden a tomar parte máis dun milleiro de atletas achegados de todo o estado entre os cales se atopan 45 galegos e galegas.
Entre a relación de participantes atópanse algúns dos campións de España da pasada edición entre os que destaca a preseza dos campións e plusmarquistas mundiais Juan Manuel Morales do Marineda Atlético e Esther Pedrosa do Dawako, quenes defenderán os seus títulos sobre as probas dos 5.000 marcha na M45 e sobre os 5.000 m. na F60 respectivamente.
Xunto eles poderemos ver concursando a Bea Viteri do Samertolameu quen tomará para nos concursos de pértega e xavelina F35. Precisamente o seu pai Javi Viteri tamén do Samertolameu, defenderá o título en xavelina na M60 logrado o ano pasado en Alcobendas, tomando parte a maiores en peso e disco.
Outra das gañadoras no 2024, María Mesías do Riazor Coruña, figura inscrita na categoría F45 sobre as probas de 100 m., 200 m., e 400 m. ao igual que Juan Luis Paz do Atletismo Sada na M50 a quen podemos ver nos concursos de altura e lonxitude así como nos 110 valos.
Sen abandoar os valos, o plusmarquista de España José Miguel López do Marineda At. na M65 competirá por voltar cos títulos tanto dos 100 como dos 400 valos.
Por último Ángeles Rodríguez do Atletismo Sada intentará seguir sumando máis títulos ao seu importate palmarés, para o cal concursará en martelo e martelo pesado.
En canto ás remudas, o Atletismo Sada viaxa co obxectivo de superar o difícil reto de mellorar as súas seis medallas da pasada edición nesta modalidade.