Saltar ao contido
Clubs

Sabor agridoce para os conxuntos galegos no último encontro de Liga

Ca disputa do terceiro encontro de liga celebrado esta fin de semana, remata un ano máis esta interesante competición que deixou un sabor agridoce para os equipos galegos.

Sen lugar a dúbidas as boas novas viñeron do equipo feminino do RIA Ferrol, xa que logo duns anos militanto na Primeira división (PD), volvía novamente á máxima categoría ao lograr o ascenso directo no seu encontro disputado en Soría. As departamentais, moi motividas ao logo de todas as xornadas, cedían tan só no encontro decisivo ante o Avinent Manresa o que lles permitía recuperar novamente a categoría de Honra. Xunto ao RIA teremos un ano máis ao conxunto pontevedrés masculino da Gimnástica de Pontevedra que sumará a cifra máxima de vinte anos militando de maneira ininterrumpida na División de Honra (DH)  grazas ao seu cómodo segundo posto logrado na fase de permanencia en Zaragoza.

Na PD masculina, bos campionatos en conxunto os efectuados tanto polo Atletismo Narón como polo Celta Atletismo. O equipo azulón, con importantes reforzos nos últimos anos, lograba unha meritoria 12º posición na clasificación xeral que lle garanten militar un ano máis nesta categoría. Os célticos pola súa banda, e logo de que estiveran a piques de lograr o ascendo a DH nos dous últimos anos, afrontaban este ano con importantes cambios que fixeron replantexar obxectivos. Ao final, misión cumplida tamén para o Celta que remataba na clasificación xeral no posto 13º.

Menos sorte tivo o equipo feminino celeste que non puido evitar o descenso nun ano moi complicado. As viguesas, que tan só puideron sumar dous puntos nos dous primeiros encontros, foron lastradas na terceira e decisiva xornada ao sétimo posto que lles impedía eludir os postos de descenso.  O segundo equipo feminino galego de primeira feminina, a Gimnástica de Pontevedra lograba no mesmo encontro a 4ª posición e unha suma total de nove puntos na clasificación os cales lle permiten manter a categoría en PD un ano máis.

Compre salientar que o equipo feminino do Ourense Atletismo será o conxunto que acompañe ás pontevedresas para o ano que ven na PD grazas ao ascenso logrado o pasado fin de semana en Valladolid.

Resultados DH Homes (Permanencia)

Resultados PD Mulleres (Título)

Resultados PD Mulleres (Permanencia)

Resultados PD Homes (Permanencia)

Resultados Segunda Division

(Foto RFEA)

Compartir