A base do atletismo galego exhíbese en Vigo

Excelente xornada disputada esta fin de semana en Balaídos na que se estiveron disputando dous interesantísimos campionatos.
O sábado as pistas viguesas xuntaron a un total de 58 clubs das categorías Sub10 e Sub12 que estiveron disfrutanto e compitindo dun gran campionato por equipos. O mellor do miudo da canteira galega, demostrou unha vez máis motivos máis que suficientes, para mirar con optimismo a un futuro que ven garantido pola gran cantidade de talento e paixón exhibida ao longo das dúas xornadas do sábado.
Por equipos o ADAS CUPA lograba o título feminino Sub10 así como os subcampionatos na Sub12 en ambas categorías.
O equipo marinense de O Pinarium lograba o campionato galego Sub10 en homes sendo os títulos Sub12 para o Beade en mulleres e para a Atlética Lucense en homes. Completaron os distintos podios restantes a Gimnástica de Pontevedra, Lucus Caixa Rural, Millaraio, Ourense Atletismo e La Purísima
Podio de equipos:
- Sub10 mulleres: 1º ADAS CUPA/ 2º S. Gimnástica/3º Lucus Caixa Rural
- Sub10 homes: 1º CD Pinarium./2º Millaraio / 3º Ourense Atletismo
- Sub12 mulleres. 1º Beade/ 2º ADAS CUPA/ 3º S.Gimnástica
- Sub12 homes. 1º At. Lucense/ 2º ADAS CUPA/ 3º La Purísima
Campionato Xunta de Galicia Sub14
Xa na xornada do domingo, as mesmas intalacións acollían en dobre xornada a celebración do Campionato Xunta de Galicia Sub14 na que se lograban un total de 340 mellores marcas personais e no que o máis salientable foi a nova mellor marca galega efectuada por Leandro Vidal quen lograba sobre a distancia dos 500 m. un rexistro de 1:12.38 que mellora os 1:12.74 do ano 2015.
A maiores tamén resultaron moi interesantes as marcas realizadas nas probas de velocidade por Lara López do Pereiro de Aguiar sobre os 150 m. quen lograba ao título con 19.97
Nas distancias de fondo Sergio Silva da S.A.Trega realizaba a mellor marca RFEA do ano logo de rematar os 2.000 m. en 6:26.19, pola súa banda na categoría feminina, Lía Núñez da Atlética Lucense proclamábasa campioa galega logrando baixar dos sete minutos con 6:53.55 sobre esta mesma distancia.
Hugo dos Reis do Val Miñor domiñaba as dúas distancias dos valos sobre os que realizaba 12.59 nos curtos e 32.83 nos longos. Pola súa banda, a representante do Riazor Coruña Claudia Fraga facía o propio nos 220 valos con 33.65
Boa carreira de Miguel Díz do Ría Foz, sobre os 2000 obstáculos que gañaba con 3:17.72 ao igual que na categoría feminina facía Daniela Bayón do Atletismo Cambados con 3:31.94
Nos saltos, e sobre a colchoneta de pértega, domiñaron Inés Muradas do Celta Atletismo con 2.50 m. e Marco Pereira do Ourense Atletismo con 2.70 m. Assier Otero do Lucus Caixa Rural pola súa banda, foi o máis destacado no foso de triplo onde marchaba ata os 10.52 m.
Xa nos lanzamentos importantes as marcas logradas por Alejandro Fernández do Vila de Cangas en disco con 31.80; Antía Suárez do At. Narón en peso con 10.54; Lena Curras do Vila de Cangas en xavelina con 29.44 m. e Olivia Casañas do Rías Baixas en disco con 28.35.
As probas de marcha tiveron an Sara Cabado da Atlética Lucense a súa protagonista logo de gañar a proba dos 2000 m. cun tempo oficial de 10:14.01