Emoción e incertidume no último encontro de Liga

Todo a punto para que esta fin de semana os clubs galegos rematen a súa andaina no Campionato de Liga deste 2025.
Despois da disputa das dúas primeiras xornadas e nas que como ben sendo habitual, os imprevistos e a mala fortuna condicionaron algúns resultados, o Campionato de Liga encara o seu último encontro con bastante emoción e tamén con algunha incertidume. A emoción a protagonizará o RIA Ferrol quen parte como un dos aspirantes a acadar un dos postos de ascendo a División Honra. O equipo ferrolá que parte invicto este ano, competirá o domingo no Estadio Los Pajaritos de Soria, nun octagonal no que se medirá ao Oviedo, Manresa, Sprint, At. Safor, Lleida e ao Tenerife que xunto as departamentais, tamén son outro dos favoritos a ocupar un deses dous postos de ascenso.
Pola súa banda o único equipo galego en División de Honra, a Gimnástica de Pontevedra, viaxa a Zaragoza para tomar parte no encontro masculino de permanencia nunha cómoda posición que representa un mero trámite para os pontevedreses. Con esta, será a tempada número dazanove que de maneira ininterrumpida o equipo gimnástico esté militando na máxima categoría do atletismo estatal.
Na primeira división masculina tanto Celta Atletismo como Atletismo Narón viaxan ata Durango para tomar parte na fase de permanencia na que ambos marchan moi ben posicionados logo de sumar nos encontros previos, un total de cinco puntos que lles permite encarar este último encontro con total tranquilidade.
Por último algo máis apretado estará o encontro que manterán Gimnástica de Pontevedra e Celta Atletismo na fase de permanencia de primeira division feminina que se disputa en Durango. As pontevedresas acuden nunha boa posición cunha suma total de catro puntos e que lles debería dar marxe para non pasar ningún apuro. Nunha situación menos ideal está o Celta quen con só dous puntos, estará loitando contra Barrutia, Bahía de Algeciras e Atletismo Intec para eludir os dous últimos postos da clasificación que conducen a segunda.
Ascenso do equipo feminino do Ourense Atletismo
Como xa informamos, para o ano que ven o Ourense Atletismo estará tomando parte no Campionato de España de 1ª División feminino ao conseguir, xunto ao F.C. Barcelona, os postos de ascenso no encontro celebrado o pasado 8 de xuño en Valladolid.
Imaxe, RFEA