Balaídos acolle unha dobre cita autonómica esta fin de semana

Vigo convertirase durante esta fin de semana no foco de atención do atletismo galego ca disputa de dous interesantes campionatos autonómicos.
Para comezar, o sábado están chamados a tomar parte máis de 700 atletas en representación de 58 equipos na disputa do campionato Xunta de Galicia de clubs Sub10 e Sub12 que en dobre xornada acollerá as pistas de Balaídos e na que os equipos do ADAS CUPA, Atletismo Deza, Celta Atletismo, e CD Purísima acuden co seus equipos a todas as categorías.
Xa na xornada do domingo, outro interesante campionato, o galego Sub14, xuntará aos mellores especialistas galegos do momento na procura de bos rexistros e dos metais sen xogo.
Entre a relación de participantes destaca a presenza da líder de España Claudia Fraga do Riazor Coruña quen tomará parte tanto na proba dos 220 valos como na dos 80 valos. Mesmos lideratos para Sara Cabado e Diego Fernández da Atlética Lucense quenes encabezan o ranking nacional nos 2000 marcha.
Outra das atletas destacadas que estarán en Vigo será Lara López do Ben Cho Shey quen estará tomando parte nos 150 m. Xunto ela Leandro Vidal do Atletismo Negreira sobre os 500 m., Lena Curras do Vila de Cangas nos 1000 m. así como Lía Núñez da Atlética Lucense e Sergio Silva do Trega sobre a distancia dos 2000 m.
Nos concursos estaremos atentos ao que poidan facer entre outros Ana Alvariño do Comesaña en altura, Inés Muradas do Celta Atletismo en pértega e Asier Otero do Lucus Caixa Rural en lonxitude e triplo
Importante e notaria presenza de lanzadores entre os que compre salientar a Antía Suárez do Narón e Alejandro Fernández do Vila de Cangas en peso, Lena Currás do Vila de Cangas en xavelina, Sara Cañedo do At. Narón en martelo e Mateo Seijo do Celta en disco e martelo así como Daniel Seijas do CD San Ciprián en disco.