Saltar ao contido
Campionato Internacional

María Pérez e Yamanishi conquistan Cantones

Novamente a trixésimo oitava edición do Gran Premio Internacional de Marcha Atlética Cantones de A Coruña-Gran Premio Sergio Vázquez, vibrou ca súa gran proba. Coma sempre o público respondeu e encheu as inmedicións do circuito de Cantones que podería deixar de ser esciario habitual de celebración e que podría obrigar ao seu cambio de ubicación na cidade, malia que se está intentando manter por todos os medios a súa permanencia.

A nivel de resultados tiveron que pasar un total de quince anos para que novamente unha marchadora española lograra poclamarse campioa desta proba que lembramos, desde o ano 2015 é recoñecida como  proba patrimonio mundial do Atletismo. María Pérez lograba un extraordinario triunfo cun rexistro de 1h.27:22 que a converten na cuarta española en logralo tras os triunfos de Reyes Sobrino no ano 1987,  María Vasco no ano 2002 e Beatriz Pascual no ano 2010.

Nunha carreira na que a española tivo na mexicana Alegna González unha gran opoñente, non foi ata practicamente o último kilómetro no que puido despegarse para entrar en línea de meta e acadar un dos últimos grandes triunfos que lle faltaban ao seu extraordinario palmarés. Xunto ela e copondo postos de podio, entraban a marchadora mexicana, que deixaba unha gran impresión, con 1h.27:32 sendo o terceiro lugar para a chinesa Li Peng que entraba a dazaoito segundos da granadina. A gañadora peruana das dúas últimas edicións, Kimberly García, remataba na quinta posición cun crono de 1h.28:11 e a campioa olímpica en París-24 Antonella Palmisano de sexta con 1h.28:28

Xa na categoria masculina, o triunfo foi para o atleta japonés Toshikazu Yamanishi quen remataba os  20 Km. cun crono de 1h18:15 repetindo e reeditando a victoria  lograda o ano pasado. Nunha proba na que tamén os postos de podio se decidiron no último kilómetro, compartiron postos de honra, o tamén xaponés Matasora Kawano a catro segundos do gañador, sendo o terceiro posto para o mexicano Ricardo Ortiz a seis.

Pola súa banda o campión olímpico italiano Massimo Stano entraba cun crono de 1h.18:25 no cuarto lugar, sendo o primeiro dos españoles Diego García no quinto posto cun crono oficial de 1h.18:28. O galego Dani Chamosa, ca súa praza asegurada para os mundiais de Tokio deste ano,  remataba no posto 23º cun rexistro de 1h.20:14.

Compartir