Saltar ao contido
Campionato Internacional

Moitos campións olímpicos xa están en Cantones

A pouco máis de tres  días para o comezo do Gran Premio de Marcha de Cantones, continúan chegando as distintas Delegacións e os distintos marchadores a cidade herculina.

O último en chegar foi o ecuatoriano campión olímpico en París-24 sobre os 20 Km. e subcampión olímpico na proba de remudas mixtas, Daniel Pintado que malia non poder competir por unha lesión, si estará sobre o circuito coruñés vivindo de preto as evolucións do Gran Premio.

Outro dos atletas que chegará no día de hoxe, é o italiano Mássimo Stano quen tomará parte en Cantones na proba dos 20 Km. O Italiano, campión olímpico nos Xogos de Tokio-2020, campión mundial en Eugene 2022 e plusmarquista mundial dos 35 K. será un dos marchadores que estará loitando polo triunfo nesta edición de Cantones 2025.

Na categoría feminina, a peruana Kimberly García, bicampioa mundial en Eugene tanto sobre os 20K como sobre os 35K  é outra das marchadoras que acaba de aterrar en Cantones onde novamente aspira a sumar o seu terceiro título consecutivo.

Importante presenza de marchadoras e marchadores xa na cidade

Xunto aos citados, os máis madrugadores en chegar a Coruña foron os atletas asiáticos a quenes podemos ver desde fai uns días adestrando polo paseo marítimo coruñés. A campioa olímpica chinesa en París Jiayu Yang e plusmarquista mundial nos 20K, encabezaba esta importante delegación na que se atopa entre outros a ex-recordman mundial Liu Hong. Pola súa banda Xapón desprazará a once dos seus máis destacados atletas a cuxo fronte está o bronce olímpico e dobre campión mundial dos 20K Toshikazu Yamanishi.

Nos seguintes días, está programada a chegada da campioa olímpica en remudas e subcampia nos 20 K. en París-2022 María Pérez que encabeza a importante delegación hispana.

Compartir