O galego máster pechouse con sete novos récords galegos

Disputouse este pasado domingo e coincidindo co primeiro dia do mes, o Campionato Xunta de Galicia Máster ca presenza de boa parte dos mellores atletas da categoría.
A nivel xeral lograronse un bo número de marcas personais que viñeron acompañadas dun total de sete novos récords galegos
Récords Galegos
Na categoría feminina, Herminia Grande do Ourense Atletismio na F50, lograba a mellor marca galega sobre os 5.000 marcha con 29.51.9 ao igual que na categoría M55 pero sobre o concurso de disco, efectuaba Marta Sureda do Samertolameu con 25.75 m. Pola súa banda na F75 Amalia Sanmartín do Egovarros paraba o crono na distancia dos 400 m. en 1:39.56 que representan unha nova plusmarca galega
Na categoría masculina, Xabier Díaz do Lucus Caixa Rural na M50, lograba unha mellora autonómica na proba dos 3.000 obstáculos con 10:58.14. Nos lanzamentos era Fran Guzmán do Marineda Atlético quen realizaba no círculo de peso M50 un primer mellor intento de 13.61 m. que mellora o anterior récord de Julio Ventín con 12.19 do ano 2014. Miguel Rodríguez da Gimnástica na M55 con 4.98 m. de lonxitude e Jacinto Cea do Samertolameu na M75 sobre os 5.000 marcha con 37:15.50 lograban tamén sendos títulos e plusmarcas galegas.
Noutro orde de aspectos, compre salientar o rexistro efectuado polo atleta chileno M45 (en trámite a súa nacionalización) do Limiactiva Patricio Waldemar quen efectuaba un excelente lanzamento de 53.58 m. no concurso de martelo.