Saltar ao contido
Campionato de Galicia

As combis Sub23, Sub20 e Sub16 pasaron pola Malata

Cita de probas combinadas para as categorías Sub23, Sub20 e Sub16, a que nos deixaba esta fin de semana as pistas de A Malata de Ferrol.

Sobre as mesmas, proclamáronse campións galegos na categoría Sub16 Celia Outón do Rías Baixas cunha suma total de 3.436 puntos e Beltrán Rivas do At. Deza quen cunha suma de 4.877 puntos lograba mellorar a anterior plusmarca e estabrecer un novo récord galego.  Xunto aos campións galegos Sub16 estiveron na zona de podio Gabriela Bouzada con 3.155 e Mara García con 3.088 p. así como Joel Santana con 4.683 p. e Pelayo Freire con 4.415.

No resto de categorías, triunfo no heptathlon feminino Sub23 para a representante do Celta Atletismo Lucía Sánchez quen lograba a suma de 3.594 ocupando o segundo posto Henar Suárez con 3.589 (sen dereito a medalla ao non ser galega).

Na categoría Sub20 tanto Candela Vázquez do Atletismo Sada con 3440 p. como Paco Lamas da Gimnástica con 5.881 p., lograban o título galego nesta edicion, acompañados nos segundos postos por Rebeca González con 2.738 p. e Luis José Dam con 4.816 p.

Resultados

Compartir