Saltar ao contido
Campionato de Galicia

Título galego nos 10K para Itziar Manso e David de la Fuente

O gañador da pasada edición David de la Fuente do CD Pinarium cun crono de 32:13 e a vixente campioa galega de campo a través Itziar Manso do Ourense Atletismo con 36:08, proclamáronse este domingo campións galegos absolutos dos 10K na edición levada  a cabo no Concello de Carballo. Xunto aos gañadores, estiveron no podio Hugo García do At. Portugalete con 32:01 e Adrián Lago da Gimnástica con 32:09. Na categoría feminina o subcampionato galego foi para Antía Castro do Running Pinto Seoane que chegaba a oito segundos da gañadora e bronce para Sofía Freza do Comesaña con 38:06 a dous minutos.

A maiores tamén celebrouse o campionato galego por clubs cuxos títulos irían parar na categoría feminina ao Comesaña Sporting Club e para o Atletismo Sar na categoría masculina.

No resto de categorías os títulos foron para:

  • Absoluto. Itziar Manso (Ourense At.) 36:08 e David de la Fuente (Pinarium) 30:13
  • Sub23: Hugo García (St. Portugalete) 32:01
  • Sub20: Andrea Díaz (Ria Ferrol) 39:20 e Numo Moure (A.D Fogar) 32:28
  • Máster35: Elisa Boullosa (SD Compostela) 43:05 e Alejo Ares (ADAS CUPA) 32:54
  • Máster40: Sofía Freaza (Comesaña SC) 38:06 e Rubén Caamaño (CASAR) 33:28
  • Máster45: Natalia Rivas (C.A.Sada) con 41:49 e Jorge Crespo (C.A.Sar) 32:37
  • Máster50: Aurora Leiro con 39:03 e Jordi Carrasco (S.D Compostela) 33:18
  • Máster55: Isabel Sáez (At. Arenteiro) 44:48 e Santiago Falcón (C.A Cambados) 35:59
  • Máster60: Mª José Lamas (indp.) 43:52 e Jose Suárez (S.D Compostela) 35:57
  • Máster65: Mª Carmen Rodríguez (S.D Compostela) 49:18 e Ramiro Pérez (C.A.Sar) 41:19
  • Máster70: Elvira Tresguerras (C.A.Sar) 1h.25:29 e Miguel Hernández (Vet. Samil) 51:46
  • Máster75: Fernando Saínz (C.A.Sar) 1h.05:20

Resultados Campionato Xunta de Galicia

Compartir