O galego Sub18 deixou bos rexistros esta fin de semana

Bo Campionato Xunta de Galicia Sub18 o desenvolto esta fin de semana nas Pistas do CGTD de Pontevedra na que se poideron ver actuacións e rexistros moi destacados e no que se lograban un total de 126 novas mellores marcas personais.
Bos rexistros de cara aos campionatos de España
A nivel xeral, e xa ca mirada pista no Campionato de España do 05 de xuño en Castellón, nas probas de velocidade Sebastián Bascoy do Coruña Comarca paraba o crono no dobre hectómetro nuns excelentes 21.74 (MMP) sendo destacada tamén a actuación da velocista do Lucus Paula Conde quen se facía cos títulos nos 100 m. con 12.11 (MMP) e nos dos 200 m con 25.23.
Tanto Javier Picos do Marineda nos 800 m. con 1:55.44 como Alex Sierpes do Vicky Foods sobre os 1.500 con, 3:54.42 lograba un cómodo triunfo e un destacado crono que os sitúa nas zonas importantes do ranking de España.
Na proba dos obstáculos exhibición das irmáns do At. Pino Paniagua con título final para Debris con 6:43.37 MMP e segundo posto para Demeku con 6:49.17 (MMP). Con estes rexistros sitúanse liderando o ranking nacional da especialidade. Nos valos destacaron as actuacións de Guillermo Piñeiro da Gimnástica sobre os 110 v. con 14.35 MMP e de Martiño Salgado do Celta Atletismo nos 400 v. con 54.69 MMP.
Nos concursos de saltos o máis destacado foron as actuacións tanto de Iria Solera do Ourense Atletismo como Gael Couñado da AD CAR quenes lograban sumar un novo título sobre o listón de altura grazas aos seus 1.69 m. e 1.97 m. respectivamente.
Continuando cos lanzamentos, Hugo Casañas domiñaba sen problemas o peso con 19.40 m. e o disco con 58.35 m. Aitana Capeáns pola súa banda lograba, o título galego en disco con 39.04 m., facendo o propio Lidia Valdés do At. Sada en martelo con 52.14 m.
Para rematar tamén resultou interesante os 50.28 realizado polo equipo de remudas feminino dos 4×100 do Lucus Caixa Rural que lograban parar o crono na primeira posición en 50.28.