Saltar ao contido
Campionato de España

A Selección galega de combinadas volta co 5º posto de Canarias

A nosa selección galega de probas combinadas tomou parte esta fin de semana no Campionato de España disputado na localidade canaria de La Oliva da que viñeron cun bo 5º posto por comunidades e na que triunfo recaeu na Comunidad Valenciana con 25.774 puntos

O máis destacado da nosa selección foi o primeiro posto logrado por  Gerson Vidal Izaguirre quen sumaba no cómputo xeral de probas un total de 7.745 puntos, sendo os 110 valos con 13.99 a mellor proba do internacional venezolano residente en Galicia. O segundo dos galegos, Adolfo Sáínz Maza , lograba a novena posición cunha suma total de 6.237 puntos.

Na categoría absoluta feminina a máis destacada das nosas representates foi Andrea Reija quen remataba na novena posición con 5.015 puntos polos 4.780 puntos e a décimo segunda posición de Alicia Merino.

Na categoría Sub18 compre salientar o récord galego logrado por Jesús Arias con 6.114 puntos  que o conducían ata a segunda posición da súa categoría. Carla Allegue pola súa banda na categoría feminin,a remataba sexta cunha suma total de 4.279 puntos.

 

Resultados

Compartir