Os campionatos Máster e de Combinadas enchen un completo fin de semana

Continuamos ca celebración de campionatos nesta fin de semana que pon punto e peche ao mes de maio e na que tanto o atletismo master como as combinadas Sub23, Sub20 e Sub16 estan citados en Santiago e Ferrol respectivamente.
Serán as pistas da USC de Santiago as que acollan a celebración o domingo do Campionato Xunta de Galicia máster a partires das 10:00 horas ca presenza de destacados atletas.
Entre os mesmos están inscritos o bicampión mundial e europeo Juan Manuel Morales do Marineda Atlético quen estará disputando a distancia dos 5.000 marcha e que estará acompañado entre outros por Jacinto Cea do Samertolameu na M75 e Manuel Polo do At. Narón na M50.
Xunto ao coruñés, tamén contaremos ca presenza da plusmarquista mundial Esther Pedrosa do Dawako At., participante na distancia dos 1.500 m.
A maiores poderemos ver a actuación dalgúns dos atletas que destacaron no pasado Campionato de España de pista curta desenvolto en Antequera entre os que se atopan no sector de velocidade María Amalia San Martín do Egovarros de Viveiro na F75 e Montserrat Fernández do Atletismo Sada na F55, ambas tomando parte nas distancias de velocidade.
No medio fondo, o campión de España indoor do Lucus Juan Gude na M50 verémolo na distancia dos 800 m. intentando mellorar o récord galego como xa fixera este inverno na pista curta.
O plusmarquista galego M50 Basi Bernárdez de A Silva estará en triplo intentando repetir a súa boa tempada indoor ao igual que Fernando Míguez do At. Sada a quen veremos tanto nos 100 m. como nos 200 m. M55.
Xobre os valos o plusmarquista de España na M65 Jose Miguel López do Marineda, estará compartindo protagonismo con Juan Luis Paz do Atletismo Sada na M50.
Nos lanzamentos estaremos pendetes ao que poidan facer entre outros Helena Rey da Gimnástica en F50 así como Carlos Ferrer do Samertolameu M65 e Victor Gallego da Gimnástica na M35.
A polifacética Angeles Rodríguez do At. Sada estará participando na categoría F65 nos 200 m., martelo e martelo pesado ao igual c plusmarquista de España en pértega Lucia Ferreiro do At. Sada na F45 que pelexará por estar por riba dos 3.00 m.
Javi Viteri do Samertolameu na M60; Xulio Ventín do At. Sada na M60, Fran Guzmán do Marineda At. na M50, Santi Ferrer da Gimnástica M65, Fernando Paredes do Celta na M50, María Abuin do Samertolameu e Loreto Brea da Gimnástica na F45, tamén serán algúns dos atletas destacados que estarán lanzando en Pontevedra.
Campionato Xunta de Galicia de combinadas
A maiores, e xa para sábado e domingo, disputaremos o Campionato Xunta de Galicia de Combinadas Sub23, Sub20 e Sub16 na que están inscritos un total de 31 atletas .
As probas darán comezo o sábado en xornada de tarde a partires das 15:00 horas e continuarán o domingo en xornada de mañá desde as 10:00 horas.
A campioa galega de pista curta Sub23 Lucía Sánchez do Celta Atletismo e o tamé campión Sub16, e recente plusmarquista galego de 100 valos Joel Santana do Celta, serán “cabeza de cartel” dun campionato no que tamén terá en Paco Lamas da Gimnástica e Aitor Fernández do Super Amara algúns dos seus atletas destacados.