O Gaiás recibe mañá a Gala anual do Atletismo Galego

Todo a punto para que no día de mañán a partires das 20:00 horas, o edificio Fontán ubicado na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela, acolla unha nova edicion da Gala do Atletismo Galego que premiará aos mellores estamentos do ano 2024.
A gala, que volta logo duns anos de ausencia, faino co firme propósito de continuar anualmente ca súa celebración e de ser o espazo de encontro anual do atletismo autonómico.
Neste edición farase un recoñecemento aos atletas, adestradores e xuíces galegos olímpicos ademáis de determinar quenes son os mellores atletas galegos das categorías Sub16, Sub18, Sub20, Sub23 absoluto e máster.
Durante a gala, tamén premiarase entre outros, ao mellor club galego 2024, facéndose entrega da Placa Ramón Docal que distingue a toda unha traxectoria no colectivo de xuíces.
Momento especial será, de igual modo, a entrega da máxima distinción que a Federación Galega outorga, e que homenaxeará a toda unha vida adicada ao atletismo.
Concellos, Deputacións provincias e Xunta de Galicia serán as institucións públicas que tamén serán distinguidas durante o transcurso da Gala.