Na xornada de hoxe tivo lugar no Balneario IBERIK Augas Santas de Pantón (Lugo), a presentación do proxecto Ultra Heroica Miño e Sil que ten como finalidade unir as concas hidrográficas dos dous ríos máis importantes de Galicia.
O traxecto contará con case 85 km e 4.040 metros de desnivel positivo (8200 acumulados) pasando por pleno corazón de Galicia.
Un total de 45 aldeas, viñedos, adegas e un contorna candidato a Patrimonio da Unesco conforman a guinda do pastel. Por parte do comité organizdor, Belén Caseiro e Miguel Carvonell presentaron todos os eventos dos que constará toda unha fin de semana este ano:
O proxecto Ultra Heroica Sacra conta co apoio da Federación Galega de Atletismo que estivo representada no evento por Eladio Gómez, vicepresidente da mesma quen no seu discurso “Abrindo Camiños” encomiou o labor do comité organizador e o apoio de todas as institucións á vez que puxo en valor o traballo do departamento dirixido por Iván Sangiao en canto ao trailrunning en Galicia.
Para apoiar a proba o evento foi presentado cun gran número de autoridades: o Xefe provincial de Deportes da Xunta en Lugo, Manuel Cadramón; o delegado de presidencia Javier Arias, os alcaldes dos 4 concellos polos que transcorre a proba (Chantada, O Saviñao, Ferreira de Pantón e Sober); o apoio do consorcio de turismo, o GDR e multitude de empresas de turismo así como todas as adegas que conforman o percorrido do Ultra Heroica Sacra e demais probas
Precisamente o Balneario IBERIK Augas Santas será entre outros moitos, parte dos que repartan premios ós gañadores de todos os eventos da fin de semana que clausurará o próximo mes de xuño, e que no caso, consistirá en dúas fins de semana para dúas persoas