Saltar ao contido
Campionato de Galicia

Barbadás viviu unha gran xornada de Trail Running

Ás 9 da mañá saía puntual a proba longa do Castro Trail que albergou o Campionato Xunta de Galicia de Trailrunning por clubs.

En categoría absoluta a carreira era liderada polo corredor local, Federico Losada (CD Biosbardo) non dando chance ata meta, seguido por Elpidio Gómez e David Álvarez. En categoría feminina María Martínez (Porriño) facía o propio, sen dar tregua; unha sensacional Fanny Abelenda (Biosbardo) foi a revelación da xornada entrando 2ª absoluta, seguida da súa compañeira Tamara García.

Por equipos, doblete do CD Biosbardo tanto en categoría masculina como en feminina (donde foi o único equipo que entrou con tódalas súas integrantes en meta), seguidos dun sensacional CDM Xesteiras que adiantaba ao Porriño por tan só un punto. ¡Espectáculo na loita por clubs!

Na categoría Open, eran Tamara García, Carla Trillo e Bea Barroso quenes lideraban a proba, mentres que Federico Losada, Elpidio Gómez e Pablo Vecino ocupaban o podio.

O campionato promoción presentouse moi reñido, tomando a saída pouco antes das 10 da mañá liderado por un Eloy Martínez (independente) que on daba tregua, marchando en solitario toda a carreira; completando o podio final Adrián Sesar (CA Santiago) e Pablo Barreiro (Pinarium). En féminas Julia Salvado (SD Compostela) marchouse en solitario desde a primeira gran subida para rematar primeira absoluta, seguida por Ainoa Galán (+9 Moraña) e María Iglesias (Pinarium).

O título por equipos no I Campionato por clubs en categoría promoción recaeu no Atletismo Porriño, seguidos polo Pinarium e o CA Santiago mentres que en categoría feminina a vitoria caeu no Atletismo +9 Moraña, sendo as que conseguiron chegar con tódalas súas integrantes de equipo a meta.

Unha gran xornada de trailrunning que se vivíu no concello de Barbadás donde o trazado do Castro Trail Extrem fixo as delicias e os eloxios de tódolos participantes, brindando un percorrido duro e fermoso a partes iguais que sorprendeu gratamente a tódolos atletas participantes.

 

Compartir