Saltar ao contido
Campionato de Galicia

A canteira galega mostra futuro en Elviña

As  pistas universitarias de Elviña viron pasar esta fin de semana a máis de medio milleiro de atletas procedentes de todos os recunchos da nosa comunidade que estiveron participando no Campionato Xunta de Galicia Sub10 e Sub12 en xornada de maña e tarde, patrocinado por Xunta de Galicia e Concello da Coruña.

A nivel xeral, destacou o gran ambente que se viviu tanto nas bancadas como nas pistas por parte de todos os participante e asistentes que convertirían a este campionato, nunha gran festa do atletismo galego base.

Para o presidente da Federación Galega de Atletismo Ivan Sanmartín. ” Para nós esta é unha cita moi destacada na nosa programación anual. Somos moi conscientes da importancia que ten nestas idades este tipo de campionatos nas que por enriba de marcas, rexistros e resultados, intentamos poñer en valor e crear o maior número de estímulos, experiencias e aprendizaxes posibles. Por todo elo desde a Federación adicamos, e seguiremos adicando, todos cantos recursos estén nas nosa mans,  para que se sintan os verdadeiros protagonistas dunha xornada que pretendemos sexa moi especial para todos”

Compartir