Saltar ao contido
Campionato de España

Segunda xornada de Liga con todo en xogo para os equipos galegos

Importante xornada de Liga a que manterán os equipos galegos durante esta fin de semana tanto en Honra como en Primeira División

División de Honra masculina

A Gimnástica de Pontevedra afronta o seu segundo compromiso cunha viaxe a terras oscenses na que se medirá ós equipos de At.Intec Zoiti, CA Fent Camí Mislata, e Trops-Cueva de Nerja. Logo da primeira xornada, os pontevedreses ocupan a décima posición polo que as aspiracións pasan por gañar  tanto a Cueva de Nerja como ao At. Intec para aspirar a estar no grupo que loitará polo título na última xornada.

Primeira División masculina

Xa na primeira división masculina o Celta Atletismo e Atletismo Narón mediranse directamente nesta xornada na que os celestes parten como anfritións, malia que nas pistas CGTD de Pontevedra. Xunto a eles o Atletismo Catalunya e Atletismo Elche serán os dous conxuntos contra quenes os galegos terán que medirse. A priori o Celta, máis necesitado de puntos, centrará os seus obxectivos en vencer tanto ao Elche como ao conxunto naronés, equipo este, quen logo dunha boa primeira xornada aspira pola súa banda, a estar no grupo que loitará polo ascenso.

Primeira División feminina

Na categoría feminina teremos aos tres conxuntos galegos de Celta Atletismo, Ría Ferrol e Gimnástica viaxando a Pamplona,Durango e Manresa respectivamente.

O que mellor encara esta segunda xornada de Liga é o Ría Ferrol quen despois do seu triunfo en Pontevedra, terá unha boa oportunidade en Durango fronte a Lleida, Algeciras e as locais do Bidezabal de certificar as súas claras aspiracións a recuperar a categoría de Honra.

Tanto Gimnástica con dous puntos como Celta Atletismo con un, terán que sumar nos seus respectivos encontros si non queren ter problemas no último encontro. As celestes viaxan a Pamplona para medirse ao líder do campionato, Tenerife Cajacanarias,  ao Atletismo Safor e as locais do Hiru-Herri que a priori serán as rivais máis accesibles.

Pola súa contra a Gimnástica, disputará o cadrangular ao gañador do encontro en Huesca, o Avinet Manresa e no que xunto ao cal, estarán as andaluzas do DELSUR Cooperativa La Palma, e as vascas do Barrutia Atletismo rivais directas das pontevedresas.

Campionato de España de Segunda Divisón

Logo do estadillo presentado polos distintos clubs, os equipos galegos do Atletismo Narón e Ourense Atletismo en mulleres así como Club Atletismo Santiago en homes disputarán a final A de ascenso a primeira división os vindeiros días 7 e 8 de xunio.

Compartir