O Trail Running galego cítase o domingo en Barbadás

O Concello de Barbadás acolle esta fin de semana a décima edición correspondente ao Campionato Xunta de Galicia de Trail Running por equipos en categoría absoluta e categoría promoción.
A competición levarase a cabo sobre un trazado de 28K cun desnivel positivo de 1600 m. na categoría asboluta e sobre 9K e un desnivel de 510 m. positivos na categoría de promoción.
O circuito, que atravesará zonas de carballeiras e contornas paisaxísticas moi fermosas, é defino por parte da organización como ” trazado duro e esixente” e sobre o mesmo decidiranse os títulos por clubs na distancia longa e curta.
O mínimo para puntuar no campionato de clubs serán de tres atletas por proba, dándose a posibilidade de que poidan inscribirse na modalidade de open atletas a nivel individual.
Esta competición non só é importante por tratarse dun campiponato galego, se non que ademáis pasa por ser a última proba que se desenvolva en Galicia antes do Campionato de España de Carreiras de Montaña e Subida vertical do vindeiro 07 de xuño na zona pirenaica de Canfranc.
C.D. Biosbardo en homes e At. Porriño en mulleres, rivais a batir
No tocante á disputa por clubs, tanto o At. Porriño na categoría feminina como o C.D. Biosbardo na masculina, estarán loitando por revalidar o título logrado o ano pasado na edición de Muros. Atletismo Cambados e S.D. Compostela serán outras das formacións que tamén aspiren á pelexa polo título.
Clubs que estarán representados neste campionato: S.D Compostela, C.D La Purísima, Atletismo+9Moraña, C.D Pinarium, C.D Biosbardo, Atletismo Arenteiro, C.C.A. Ría de Foz, Atletismo Porriño, Comesaña S.C., ASESOU, C.A. Serres Runners, C.A.Cambados, Entrenarunning, Atletismo Tui, Atletismo Santiago e Fisioterapia San Lázaro.