Conta atrás para a gran cita mundial de Cantones

Novamente, e fiel a súa cita, a máis importante competición de marcha en ruta a nivel mundial, volta ao icónico escenario de Cantones para disputar a súa edición trixésimo oitava.
Será o vindeiro día 7 de xuño a partires das 17:00 horas cando podamos presenciar aos mellores marchadores e marchadoras actuais tomar parte no Gran Premio Internacional de Marcha Cantones de A Coruña – Trofeo Sergio Vázquez na que teñen confirmada a súa participación ata o momento un total de vinte catro paises en representación dos cinco continentes.
A máxima atracción desta edición será sen lugar a dúbidas a presenza da española bimedallista olímpica María Pérez, quen lembarmos lograba o título olímpico na capital francesa na proba de remudas mixtas xunto a Álvaro Martín, así como a medalla de prata sobre os 20K, e que ademáis ven de proclamarse fai unha semana, campioa de Europa nos 20 Km.
A delegación chinesa coma sempre será unha das máis numerosas en Cantones. Ata Coruña desprazase un total de vinte tres marchadores liderados pola campiona olímpica en París Jiayu Yang, xunto á cal, virá unha das atletas máis lembradas e queridas en Cantones, Liu Hong quen protagonizaba na edición do ano 2015, o récord do mundo sobre a distancia dos 20 Km.
A maiores, entre a relación provisional destaca na categoría masculina a participación do italiano campión de Europa recentemente en Podebrady Massimo Stano, así como a do alemán Christopher Linke quen entraba por detrás do trasalpino acadando o subcampionato continental.
Categoria Oro
O Gran Premio Cantones, forma parte da World Walking Tour 2025 que se celebra a nivel mundial polas principais cidades do mundo en vintetrés probas. En función da categoría, existen varios niveles no que o máximo é a categoría ouro da que forma parte a proba coruñesa desde os seus inicios. Xunto A Coruña están nesa máxima categoría as cidades de Taicang (China), Dudince (Eslovaquia), Río Maior (Portugal) Varsovia (Polonia), Podebrady (Rep. Checa) e Madrid.